Calendario
Info da proba

Moaña

27/09/2015 10:00 - 13:00
Regulamento XII 10k Concello de Moaña

Data: domingo, 27 de setembro de 2015.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: Pistas de Atletismo da Xunqueira, Moaña.
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Moaña.
Inscrición: en Championchip Norte.

/ Comenta a Carreira de Moaña neste tema do foro

Proba de 5 km


Proba de 10 km


A Concellería de Deportes do Concello de Moaña, coa colaboración e dirección técnica do Club Atletismo Samertolameu, organizan o Domingo 27 de Setembro a partir das 10:00 horas, a XII Carreira Pedestre Concello de Moaña. A carreira conta co patrocinio do Concello de Moaña, e a colaboración da Policia Local e Protección Civil.

A zona de saida, control, e recollida de dorsais estará situada nas pistas de atletismo do Concello de Moaña.

REGULAMENTO

1. PARTICIPACIÓN

Poderán participar atletas federados e non federados, sin importar condición, sexo ou nacionalidade, sempre atendendo o regulamento da proba. O control da carreira estará a cargo do Club Atletismo Samertolameu.

2. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

Para a XII Carreira Pedestre Concello de Moaña as categorías de competición serán as seguintes, na sua modalidade masculina e femenina respectivamente:

PITUFO Nados do 2010 en adiante
PREBENXAMIN Nados en 2008 e 2009
BENXAMIN Nados en 2006 e 2007
ALEVIN Nados en 2004 e 2005
INFANTIL Nados en 2002 e 2003
CADETE Nados en 2000 e 2001
XUVENIL/JUNIOR Nados entre 1996 e 1999
PROMESA/SENIOR Nados entre 1995 e anteriores ata cumprir 35 anos
VETERANOS A, 35 a 44 anos
VETERANOS B, 45 a 54 anos
VETERANOS C, mayores de 55 anos

3. DISTANCIAS E HORARIO
O percorrido das probas consta de varios circuitos, adaptándose a cada categoria.

O percorrido da proba popular, será totalmente chan, e ainda que non homologado, é de 10km medidos tanto por GPS como por roda topográfica.

Como novidade este ano existe a posibilidade de facer soamente 1 volta o circuito (5km), para a cal existirá clasificación absoluta independente.

10.00 h ALEVÍN, 1000 m aprox.
10.10 h INFANTIL 2000 m aprox.
10.25 h CADETE 3000 m aprox.
10.50 h BENXAMÍN, 800 m aprox.
11.00 h PREBENXAMIN, 400 m aprox.
11.10 h PITUFOS, 100 m aprox.
11:45 h CARREIRA POPULAR (xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos A, B e C) 10 km (2 voltas circuito e entrada meta) e 5km (1 volta circuito e entrada en meta).
13:00 h ENTREGA DE PREMIOS (Pistas de Atletismo Concello de Moaña)


A saida da carreira popular (10 km/5km) terá lugar frente as pistas de atletismo o Domingo 27 de setembro as 11.45 h, quedando a meta dentro das pistas de atletismo.

O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 15 min.

O percorrido da proba estará indicado, controlado, e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

4. INSCRICIONS

Prazo de inscripción:
- NON SE ACEPTARÁN INSCRIPCIÓNS O DIA DA PROBA.
- prazo para as inscripcións finaliza o mércores 23 de setembro ás 00:00 horas.

Prezo de inscripción:
- CATEGORIAS INFERIORES: GRATUITA
- CATEGORÍAS XUVENIL E POSTERIORES: 4,00 €
- CAMISETA CONMEMORATIVA XUVENIL E POSTERIORES(opcional): 2 €
- ALQUILER CHIP(opcional- atletas sen chip amarelo): 1€

Realización de inscripción:
- Na web www.championchipnorte.com
- En caso de ter problemas na web poden facerse as inscripcións en:
- INSCRICIÓN POR TELÉFONO: 611455454
- INSCRIPCION POR EMAIL: clubatletismosamertolameu@gmail.com

No caso de inscripcións por email ou teléfono pode facerse o ingreso nas seguintes contas:

ES57 1465 0290 8719 0007 8953 (ING Direct)
ES78 2080 5047 7230 4002 4944 (Abanca)

Datos necesarios para a inscripción:
- NIF (si ten)
- Nome e apelidos
- Sexo
- Data completa de nacemento
- Nome do Club (si ten)
- Localidade
- Provincia
- Email
- Teléfono de contacto


Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.

Haberá un límite de 1000 inscritos na proba popular absoluta.

Teléfonos de información: 611455454 – 610516242

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS

Realizarase o día da proba dende as 8.30 horas, nas pistas de atletismo, ata 30 minutos antes do inicio da mesma.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal. O finalizar a proba, tódolos atletas deberán devolver o chip (agás chip amerelo en propiedade dos atletas).

6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS

Na XII Carreira Pedestre Concello de Moaña, outorgaranse os seguintes premios:

CATEGORIAS INFERIORES
- Medallas aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.

PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR 10 KM
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo o/a 1º/ª Corredor/a local da proba absoluta (solicitarase DNI para acreditalo)
- Premios en metálico aos 3 primeiros/as clasificados/as da Carreira Popular 10 km.

› 1º/ª Clasificado/a: 150 €
› 2º/ª Clasificado/a: 100 €
› 3º/ª Clasificado/a: 75 €

PARA PODER PERCIBIR O PREMIO SERÁ OBRIGATORIO A PRESENTACIÓN DO DNI OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE.

PROBA ABSOLUTA. CARREIRA POPULAR 5 KM
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as ABSOLUTOS desta carreira.
- Non haberá premios por catégorias.
- Non haberá premios en metálico.

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA POPULAR
- Distintos sorteos para tódolos atletas inscritos na carreira popular. O sorteo dos premios se realizará no transcurso da proba popular e se publicarán nun tablón situado na secretaría da carreira.

7. SERVIZOS A DISPOSICIÓN DOS PARTICIPANTES
- Haberá Servizo de Duchas no Polideportivo frente as pistas de atletismo.
- Haberá servizo de fisioterapia ó finalizar a proba absoluta.
- Haberá avituallamento liquido durante a proba absoluta, aproximadamente nos km 2’5, 5 e 7’5.
- Entregarase bolsa do corredor a tódolos participantes que rematen a proba absoluta (5km/ 10km).

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
- www.championchipnorte.com
- www.correrengalicia.org

8. SEGUROS
Os participantes da proba estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil concertado por o Concello de Moaña, e por un seguro de accidentes contratado por a organización.

9. Toda persoa que corra SIN estar inscrita, o fará baixo a sua responsabilidade, e non poderá participar de trofeos, premios, nin obsequios. Ademais, non estará amparada por o seguro da proba.

10. O percorrido estará debidamente controlado, indicado, e sinalizado cada km, ademais, existirá un posto de avituallamento aproximadamente nos puntos kilométircos 2’5, 5 e 7’5.

11. Os servizos sanitarios e ambulancia estarán ubicados na zona de saida.

12. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados por a organización. Non está permitido o acompañamento dos participantes nas distintas carreiras.

13. Durante a proba levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sin dobrar. A non observancia ou pérdida do dorsal será causa de descalificación.

14. A organización reservase o dereito de modificar este regulamento si as circunstacias o aconsellan (informando oportunamente)
Calquera circunstancia acontecida que non esté recollida en este regulamento, resolverase según o criterio da organización, e a sua decisión será inapelable.

15. Tódolos participantes debidamente inscritos, por o mero feito de tomar a saida, aceptan o presente regulamento, e en caso de dúbida, ou de xurdir algunha circunstancia non recollida no mesmo, aceptarán as decisións do comité organizador.

16. O Concello de Moaña e a Organización non se fan responsables dos danos morais ou materiais que poidan sufrir os participantes da proba, salvo aqueles que queden amparados por as polizas de seguros contratadas por a organización (a cobertura destas polizas estará a disposición de tódolos participantes que así o desexen)

17. DESCALIFICACIÓNS

Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descualificados a criterio da Organización. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

- Todo atleta que non realice o percorrido completo.
- Todo atleta que mostre comportamentos antideportivos.
- Todo atleta que sexa acompañado durante a proba.
- Todo atleta que non leve o dorsal claramente visible na parte dianteira.

/ Comenta a Carreira de Moaña neste tema do foro



/ Comenta a Carreira de Moaña neste tema do foro