Calendario
Info da proba

Taboada

19/09/2015 17:30 - 20:30
Regulamento IV Carreira Popular de Taboada “Entre pazos e carballos” - Circuito Leader Miño Ulla 2015-

Na Carreira Popular de Taboada poderás gozar dun percorrido entre as extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o comezo do outono, as fermosas construcións do románico, a beleza das pendentes da Ribeira Sacra, e a grandeza de pazos e casonas. Situada a medio camiño entre Lugo e Ourense agárdate un tesouro único. Para descubrilo achégate a correr por Taboada o 19 de setembro e levarás un agasallo ecolóxico. Non faltes!



Data: sábado, 19 de setembro de 2015
Hora:
- Categoría absoluta: 17:45 h
- Categorías escolares: 18:45 h
Lugar: Taboada, Lugo
Distancia: dende 100 a 7.400 m (distancia aproximada)
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva O Carballo (Taboada)
Colaboran: GDR Miño-Ulla, Concello de Taboada, Excma. Deputación Provincial de Lugo (Deportes), Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, Asociación cultural O Marrao Enxebre, Caixa Rural Galega, AquaBona Casa Romualdo, Escola de Equitación “A Cruz”, ICOS S.C.G., Tartas Ancano, Macaná corre corre, Deportes Turini, Xoiería Camilo, Queixería Macán, Restaurante Urdi.
Carreira incluida no “II Circuito Leader Miño Ulla de Carreiras Populares 2015”.
REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 18:45 da tarde nos arredores da Alameda de Taboada.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas distancias (aproximadas) correspondentes:
Categoría Chupete: nad@s en 2010 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2009 e 2007 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2006 e 2004 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2003 e 2000 - 1.500 metros

CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 17:45 da tarde con saída da Alameda de Taboada e un percorrido de 7,4 Km (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 1999 e 1990.
Categoría E: nad@s entre 1989 e 1980.
Categoría F: nad@s entre 1979 e 1970.
Categoría G: nad@s entre 1969 e anteriores.

INSCRICIÓNS:
- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico enviando os datos ó enderezo ac.ocarballo@gmail.com, ou no número de teléfono 646 372 511.
O prazo de inscrición remata o mércores 16 de setembro ás 24:00 horas.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
O prazo de inscrición remata o mércores 16 de setembro ás 24:00 horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Alameda) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo dirixirnos á aldea de San Pedro, e a continuación ata preto de Fiunte. Voltamos a San Pedro pasando a carón da súa eirexa románica. Dende este punto continuaremos durante 2 Km por camiños de terra cara a Fonte dos Mouros, baixo a sombra de soutos e carballeiras, ata chegar de novo ós arredores de Taboada. Xa na vila, acadaremos a meta despois dun percorrido ó redor de 7,4 Km.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (19 de setembro) na carpa da organización sita na Alameda de Taboada a partires das 15:30 e ata media hora antes do inicio de cada proba.
A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se lle entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes do comenzo da proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O
FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo).

PREMIOS
- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Haberá agasallos para os tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría (paseos a cabalo, libros, trofeos,…)
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un agasallo ecolóxico e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da clasificación absoluta levarán:
1º/1ª Clasificad@: estancia de turismo rural en “Casa Romualdo” e productos típicos da comarca.
2º/2ª Clasificad@: ruta a cabalo coa Escola de Equitación “A Cruz” e productos típicos da comarca.
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Considerase como local @ atleta empadroad@ en Taboada.
Os atletas de menor e maior idade que finalicen a proba, recibirán un trofeo.
Os premios non son acumulables.
Avituallamento final para tod@s @s atletas ó remaren a proba, na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos da zona tras a entrega de premios.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do Pavillón Deportivo Municipal.
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as duchas nas instalacions do Pavillón Deportivo Municipal.

INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com e na páxina da A.C.D. O Carballo: https://www.facebook.com/acocarballo

MAPA E PERFIL DA CARREIRA