Calendario
Info da proba

Muros

06/09/2015 11:00 - 13:30
Regulamento IV Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros

A Concellería de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude e a Piscina Municipal de Muros, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, organiza o vindeiro domingo 6 de setembro a IV Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros.

HORARIOS

Andaina 10.00 h (3.500 m aprox.)
Infantil e cadete 10.30 h (2.300 m)
Sénior, veterán e xuvenil 11.00 h (8.000 m)
Prebenxamín 12.00 h (200 m)
Benxamín 12.15 h (600 m)
Alevín 12.30 h (1.000 m)
Chupete 12.45 h (50 m)

INSCRICIÓNS: A data límite de recepción de inscricións será o mércores 2 de setembro na páxina web ata ás 23:59h.
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
• Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n Serres).
• SÁBADO 5 de setembro dende as 10.00 h a 14.00 h.
• DOMINGO 6 de setembro dende as 8:30 h ata 1 hora antes do inicio da carreira absoluta.
LUGAR DE SAÍDA E META: Piscina Municipal de Muros.
SERVIZO DE DUCHAS: Piscina Municipal de Muros.
AVITUALLAMENTO DE META: Proporcionarase auga e avituallamento sólido, a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
PREMIOS
- Categorías menores:

Medallas a todas as persoas participantes das categorías chupete, prebenxamín, benxamín e alevín.
Haberá premios para os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría e sexo a partir da categoría prebenxamín.

- Xeral, por categorías e sexos (absoluta e veterán 1, 2, 3 e 4):

1º clasificado/a.
2º clasificado/a.
3º clasificado/a.

- Premios especiais:

1º clasificado do Concello de Muros.
1º clasificada do Concello de Muros.
Participante de maior idade.

Máis info: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/iv-carreira-solidaria-da-piscina-municipal-de-muros/799987b8-9af4-4624-2467-39d0402bd589

Contacto: Piscina Municipal de Muros (981826966)