Calendario
Info da proba

Benquerencia terra-mar

06/09/2015 17:45
Regulamento http://benquerenciaterramar.jimdo.com/

REGULAMENTO DA PROBA:
 A Carreira Popular Benquerencia Terra – Mar está organizada
conxuntamente polo Centro de Instrucción e recreo de Benquerencia e o
Concello de Barreiros.
 Poderán participar na proba todas aquelas persoas que o desexen.
 Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso
de vehículo de axuda.
 O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
 Nas probas absolutas será obligatoria a utilización do chip de
cronometraxe suministrado pola organización xunto co dorsal.
 Tódolos participantes polo feito de inscribirse aceptan a publicación tanto
do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios
de comunicación e na Internet.
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro da
competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos
despois da publicacións dos resultados oficiais
 A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa
vixente.
 A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou
causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes.
Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, estar en
condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da
devandita responsabilidade.
 A organización da proba resérvase a facultade de decidir sobre calqueira
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. Todo o non
reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da
FGA, RFEA e IAAF.