Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Cambados
07/08/2015
19:00 - 21:00
Voltar
Regulamento
XXI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO
CONCELLO DE CAMBADOS
Data:
venres 7 de agosto de 2015.
Hora:
19:00 horas.
Lugar:
Cambados.
Distancia:
de 800 metros a doble milla (3.218 metros).
Organiza:
Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados.
Inscrición:
Ata media hora antes no lugar da proba, e de 09:30 A 14:00 horas no teléfono 607 51 84 38 ( Alfredo V. Oliveira)
:: Comenta a Milla de Cambados no foro ::
A XXI DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO CONCELLO DE CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Cambados, celebrase o vindeiro venres 7 de agosto ás 19:00 horas, con saída e chegada no Paseo Marítimo de Cambados. A proba estará suxeita ó seguinte:
REGULAMENTO XERAL
CATEGORÍAS HOMES E DISTANCIAS
A- de 10 a 13 anos 800 metros
B- de 14 a 17 anos 800 metros
C- de 18 a 40 anos doble milla (3.218 metros)
D- de 41 a 50 anos milla (1.609 metros)
E- de 51 anos en diante milla (1.609 metros)
CATEGORÍAS MULLERES E DISTANCIAS
A- de 10 a 13 anos 800 metros
B- de 14 a 17 anos 800 metros
C- de 18 a 40 anos doble milla (3.218 metros)
D- de 41 anos en diante milla (1.609 metros)
Si algún corredor/a das categorías D e E para homes e D para mulleres quere optar ós premios en metálico, deberá inscribirse na categoría C, especificandoo no momento da inscripción.
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible no peito para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, sera automáticamente descalificado/a.
O percorrido estará indicado, controlado e cortado ó tráfico. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes.
Contarase cun servizo de ambulancia e cun seguro de reponsabilidade civil e accidentes.
INSCRIPCIÓNS:
DATOS OBRIGATORIOS: NOME E APELIDOS, IDADE, SEXO E LOCALIDADE.
PREZO DA INSCRIPCIÓN: GRATUITA
RECOLLIDA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba no PASEO MARÍTIMO DE CAMBADOS, a partir das 18:00 horas.
TROFEOS E PREMIOS
Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasifiados/as de cada categoría. Trofeo ó primeiro/a cambadés/esa.
PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS DA CATEGORÍA C
Tanto para homes como mulleres
1º 300 €
2º 200 €
3º 100 €
4º 75 €
ENTREGA DE PREMIOS
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un xustificante de pago unha vez recollan o premio.
A entrega de premios será no Paseo Marítimo de Cambados, unha vez rematadas tódalas probas.
A Concellería de deportes do Concello de Cambados non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espítitu e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico das mesmas, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.
:: Comenta a Milla de Cambados no foro ::
Voltar