Calendario
Info da proba

A Guarda

01/08/2015 18:00 - 20:00
Regulamento Carreira Populares Festas do Monte Trega

REGULAMENTO

CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2015
ANDAR - MARCHAR - CORRER

O atletismo TREGA, o sábado día 1 de agosto do ano 2015 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.

INSCRICIÓN: deberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es[u], así como na caseta instalada na Alameda de A Guarda, (Tf. teléfono información 650794421/664 865 003).
Constará de nome, apelidos, data de nacemento completa , DNI, residencia, Club, nº de ficha, nº de teléfono, email, con agasallo ou sen agasallo e talla.



18h CAMIÑADA 7.339 m - 1 VM

18:05 h INFANTILES M/H (2002/2003) 2.400 m
CADETES M/H (2000/2001) 2.400 m
DISCAPACITADOS M/H (Máis de 15 anos) 2.400 m

18:20 h ALEVINS M/H (2004/2005) 1.000 m

18:30 h BENXAMÍNS M/H (2006/2007) 600 m

18:40 h PRE-BENXAMINS M (2008/2009) 400 m

18:45 h PRE-BENXAMINS H (2008/2009) 400 m

19:00 h Carreira absoluta: 1 volta o monte Trega 7.339 m

PROMESAS MULLERES e HOMES (93 ata 99)
SENIOR MULLERES e HOMES (1992 ata veterano)
VETERANOS HOMES – 35/44 (35 a 44 anos)
VETERANOS HOMES – 45/54 (45 a 54 anos)
VETERANOS HOMES – 55 (55 anos e máis)
VETERANAS MULLERES – 35/44 (35anos ata 44 anos)
VETERANS MULLERES - 45 (45 anos e mais)

19: 05 h PULGAS MULLERES (2010/2013) 100 m

19:10 h PULGAS HOMES (2010/2013) 100 m



1. A secretaría será na alameda. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída.
2. De pulgas ata cadetes a inscrición será gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 3 € sen agasallo e 5 € con agasallo, na carreira absoluta fora de prazo serán 8 €, e 1 € nas categorías menores. A inscrición da camiñada será de 1 €; non é competitiva, realizarase un sorteo entre os participantes.
3. O pago será no mesmo día que se retira o dorsal, facendo o pagamento con cartos xustos.Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega.
4. Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira.
5. O prazo péchase o día 31 de Xullo a partir das 18 horas. Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa con aviso por email, ou teléfono.
6. Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas, Pre Benxamíns e Benxamíns os demais serán trofeos a os tres primeiros clasificados de cada categoría. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo. Serán entregados pola Comisión de Festas.
7. Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2014/2015.
8. Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles.
9. Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes.
10. En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
11. Os resultados enviaranse por correo electrónico a quen os solicite. Estarán colgados na web www.trega.es
12. Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
13. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
14. Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba.
15. Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro e Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
16. O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados.
17. Nas categorías menores serán responsabilidade dos pais se os participantes sofren algunha lesión.
18. As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do atletismo Trega..
19. AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do día e do atletismo popular.
20. O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km.
21. A participación nas carreiras populares, implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora.