Calendario
Info da proba

Betanzos

23/08/2015 11:00 - 13:30
Regulamento
XV Carreira Popular de Betanzos

Data: domingo, 23 de agosto de 2015.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: Betanzos.
Distancia: de 100 a 8.120 m.
Organiza: Club Atletismo As Mariñas.
Inscirción: en Carreiras Galegas

/ Comenta a Carreira de Betanzos neste tema do foro

REGULAMENTO DA 15ª CARREIRA POPULAR DE BETANZOS

ART. 1.- Os organizadores da 15 carreira popular de Betanzos e o Clube de Atletismo “As Mariñas”, colaborando en labores de organización: Concello de Betanzos, Policia local de Betanzos, Portección Civil de Betanzos, e Cruz Bermella. As probas estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.
Esta carreira ten un carácter aberto e popular, na que poden participar atletas federados coma non federados.

ART. 2.- A celebración da proba terá lugar o Domingo día 23 de agosto de 2015, e a hora de saida serán as 11:01 da mañá para as categorías menores e ás 11:30 para as categorías a partir de 13 anos, sendo o tempo o tempo máximo oficial de duración da carreira de 1 hora e 30 minutos.
A saida e a chegada estarán instaladas no complexo deportivo da avenida do Carregal.

ART. 3.- Quedan establecidas as siguientes categorías:

CATEGORÍA DISTANCIA HORA
ATA 6 ANOS 200 MTRS. 11:01h
7 - 10 ANOS 500 MTRS 11:05h
11-12 ANOS 1000 MTRS 11:15h
13-14 ANOS 3120 MTRS (1VOLTA) 11:30h
15-16 ANOS 3120 MTRS (1VOLTA) 11:30h
17-18 ANOS 5620 MTRS (2 VOLTAS) 11:30h
19-39 ANOS 8120 MTRS (3 VOLTAS) 11:30h
40-49 ANOS 8120 MTRS (3 VOLTAS) 11:30h
50-59 ANOS 8120 MTRS (3 VOLTAS) 11:30h
+ 60 ANOS 8120 MTRS (3 VOLTAS) 11:30h

ART. 4.- A entrega de dorsais terá lugar momentos antes da carreira nas inmediacións da carreira, ata 30 min antes da celebración da proba.
Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización

ART. 5.- Os únicos vehículos autorizados para seguir o recorrido da carreira serán os designados pola organización. Queda expresamente prohibido seguir ós corredores en calquera outro vehículo non autorizado pola organización. Neste sentido a autoridade competente (policía local) terá orde expresa de retiralos do circuito.

ART. 6.- A proba estará asistida polo propio servicio da organización, Protección Civil, Policía local e Cruz Vermella de Betanzos.

ART. 7.- A organización (Clube de Atletismo “As Mariñas”) e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables de ningunha lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia, falta de forma física, enfermidade, patoloxía ou outras dos participantes, así como da participación dos rapaces menores de idade que participarán baixo a responsabilidade dos seus pais ou titores. Os atletas maiores de idade correrán baixo a súa responsabilidade.

ART. 8.- Tódolos participantes polo feito de tomar a saida, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a mesma a participación sin estar inscrito ou sin dorsal.

ART. 9.- O circuito da carreira ten unha distancia variable en función das idades e categorías dos participantes, como se reflicte no artigo nº 3 do presente regulamento.
Cada atleta dará as voltas que lle correspondan según a súa categoría e o disposto no artigo nº 3 do presente regulamento.
A organización reservase o dereito de variar o circuito en función das indicacións da Policía Local ou Portección Civil de Betanzos en canto á posibilidade de celebrar o evento polos lugares marcados ou si determinan que e supón algún tipo de dificultade insalvable para a celebración ou perigo para a integridade física dos participantes.

ART. 10.- A Organización reservase o dereito de modificar o percorrido da carreira xa sexa por causa de seguridade dos atletas ou outras.

ART. 11.- O precio da inscripción na carreira será de 5 euros para as categorías absolutas (19 anos en diante), sendo gratuita a inscripción para o resto das categorías inferiores. O prazo de inscrición rematará o venres 21 ás 14:00h. Na páxina web da FGA: www.carreirasgalegas.com

ART. 12.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS

12.1 A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).

12.2 Os atletas estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes da FGA.

12.3 A proba contará cos servizos sanitarios esixidos na lexislación vixente.

12.4 Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.

12.5 Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

12.6 O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.

12.7 O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet, para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.

12.8 A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA en vigor.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

CIRCUITO DE LA CARRERA

CIRCUITO DE LA 15ª CARRERA POPULAR DE BETANZOS


CIRCUITO DE LA 15ª CARRERA POPULAR DE BETANZOS CON ALTIMETRÍA


DESCRICIÓN: En liñas xerais a carreira ten un perfil totalmente plano con curvas amplas e sen dificultades de ningún tipo para poder intentar realizar unha boa marca nunha carreira case plana cuxas 3 voltas miden casi exactamente 8.000 mts
A proba terá a súa saída situada no interior da pista de ciclismo anexa ao polideportivo municipal. Despois de rodear a pista sairase desta en dirección á Avd de Fraga Iribarne e voltar polo Camiño do Carregal hacia a Avd de Fraga Iribarne para volver á pista de ciclismo pola estrada de circunvalación, sempre circulando polo carril na mesma dirección do tráfico. A carreira estará acoutada por conos e cinta para que ningún vehículo alleo á carreira poida entorpecer ou interromper a circulación dos participantes.

LUGARES DE PASO: A saida será no interior da pista de ciclismo que rodea o campo de fútbol. Salirase da pista pola pista anexa á entrada do Pasatempo para incorporarse á Avenida Fraga Iribarne en dirección do tráfico hacia a Avd. da Coruña para voltar por diante do colexio Francisco Aguiar polo Camiño do Carregal para incorporarse de novo á Fraga Iribarne. Á altura da rotonda próxima á fonte do Escorial, virarase á esquerda hacia a Avd. do Carregal hasta o cruce ca Avd. Juan García Naveira pola que chegará a carreia outra vez á Avd. Fraga Iribarne. Seguindo esta Avd. En dirección da circulación do tráfico chegarase á altura da entrada do Pasatempo donde se virará á dereita cando cada atleta teña que entrar á pista de ciclismo para facer meta despóis de completar as voltas correspondentes á sua categoría.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.


/ Comenta a Carreira de Betanzos neste tema do foro