Calendario
Info da proba

Villestro, Santiago

31/05/2015 10:15
Regulamento
1º TRAIL DE MONTAÑA DE VILLESTRO

(PROBA NON COMPETITIVA)


1.-O Clube Ciclista Os Andadios , organiza O 1º Trail de Montaña polos monte de Villestro que terá lugar o domingo 31 de Maio de 2015,cun percorrido circular de 16km aprox e un desnivel positivo de 530 m. A proba será de carácter non competitiva e cronometrada pola empresa Galitiming. A saida terá lugar ás 10:15horas do Colexio Público de Roxos.

2.-Poderán participar na ruta tódalas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscripción.A inscrición ten un custe de 8€ (tanto para federados como non federados)+1Kg de alimentos non perecederos(opcional) que serán donados a Caritas parroquial, que distribuirá entre os máis necesitados da parroquia de Villestro. A proba está limitada a 100 participantes.

3.-O prazo de inscripción finalizará o día 26 de Maio as 23:59 horas.

A inscripción dará dereito a participación na proba, e incluirá o avituallamento (bebida,froita….),dorsal personalizado da proba, participación en sorteos, duchas, servizo de ambulancia, seguro R.C. e de accidentes e pinchos ao rematala proba. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscripción correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización. Os menores de idade deberán traer una declaración xurada firmada por parte do pai, nai ou titor que poderán descargar dende a páxina web.

4.-A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 9:15 horas, do domingo 31 de Maio no Colexio Público de Roxos. A saida efectuarase ás 10:15 horas. A recollida de dorsais farase de xeito individual.

5.- A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da proba.

6.-O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Santiago, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

7.-Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados no puntos de avituallamento e de inicio e final de ruta.

8.-En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización, non sobrepasando en ningún momento o vehículo que abre a mesma, o cal será obxeto de descalificación inmediata.

9.-A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes (limitado), non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos da proba.

10.-A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

11.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

Información e inscripcións: Galitiming