Calendario
Info da proba

A Peroxa

23/05/2015 16:30 - 19:30
Regulamento
Carreira Popular Un Moio, A Peroxa

Data: sábado, 23 de maio de 2015.
Hora: absoluta ás 18:00 h. Escolares ás 17:15 h.
Lugar: zona axardinada do 1984bar, A Peroxa.
Distancia: 12.000 m.
Organiza: Un Moio Asociación Cultural.
Inscrición: ata o 20 de maio en Championchip Norte.

:: Comenta a Carreira Un Moio neste tema do foro ::



Regulamento Xeral da Carreira Popular

1. A saída da Carreira Absoluta darase na zona axardinada do 1984bar ás 18,00 horas. A de menores terá saída as 17:15 horas. A carreira dos pitufos, farase entre o final da carreira de menores e o inicio da absoluta A liña de meta estará situada en mesmo lugar.

2. O percorrido será de 12.000 m para a absoluta, 3.000 m. para os menores e 150 m. para os cativos e discorrerá polas rutas sinaladas en planos adxuntos.
3. Ao longo do percorrido, estableceranse controis.

4. Admitiranse inscricións a través da páxina web [www.championchipnorte.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento da inscrición. A inscrición poderase realizar ata o 20 de maio de 2015.

5. O prezo de inscrición será na carreira absoluta de 5,00 € para corredores que posúan chip e 6,00 € para corredores que teñan que alugar o chip. As inscricións nas carreirasde menores e pitufos e gratuíta para todos os corredores.

6. A recollida dos chips e números poderase realizar dende o venres 22 ata o sábado día 23 de Maio, 1 hora antes da carreira no 1984bar.

7. O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven chip ou que non entreguen o mesmo se é de préstamo, non entrarán nas clasificacións, non recibirán o agasallo nin ningún outro premio.

8. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas. As categorías corresponden aos nacidos nos anos indicados:

CATEGORIAS
CARREIRA DE CATIVOS (150 m)
- Nenos nados antes do ano 2008.

CARREIRA MENORES (3 Km.)
- Benxamín (nados no ano 2006 e 2007)
- Alevín (nados non ano 2004 e 2005)
- Infantil (nados non ano 2002 e 2003)
- Cadete (nados non ano 2000 e 2001)

CARREIRA ABSOLUTA (12 Km.)
- Xuvenil (nados non ano 1998 e 1999)
- Iunior (nados non ano 1996 e 1997)
- Promesa (nados no ano 1993, 1994 e 1995)
- Sénior (nados no ano 1992 ata veteráns)
- Veteráns A (+ 35 anos)
- Veteráns B (+40 anos)
- Veteráns C (+45 anos)
- Veteráns D (+50 anos)
- Veteráns E (+55 anos)
- Veteraáns F (60 anos)
- Veteráns G (65 anos e posteriores)

9. Premios: Trofeos para os primeiros/ás clasificados/ás e premio en metálico; agasallo para todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto. Premio especial para a 1ª clasificada e o 1º clasificado censado no concello.

1ª 1º Clasificada/o 150€
2ª 2º Clasificada/o 100€
3ª 3º Clasificada/o 70€

10. A entrega de trofeos terá lugar ao remate da proba absoluta na zona axardinada do 1984bar.

11. Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano denacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

12. Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, ás indicacións da organización.

13. Está prohibido e acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.

14. O percorrido estará sinalizado.

15. A carreira estará controlada por persoal da organización.

16. Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar número ou manipulalo e falsificar datos persoais.

17. Non se admiten reclamacións.

18. O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

Información da proba:
- Teléfono: 988 20 67 60 - 622 524 961
- xanloisfdez@hotmail.com
- www.championchipnorte.com


:: Comenta a Carreira Un Moio neste tema do foro ::