Calendario
Info da proba

Cerdedo

17/05/2015 10:00
Regulamento
Carreira Conca do Lerez


A Conca do Lérez é unha carreira atlética de carácter popular que terá lugar entre Cerdedo, Campo Lameiro e Cotobade o 1 de maio de 2015. Preténdese fomentar a participación e involucración dos residentes destes tres concellos dun xeito atractivo e festivo. A inscrición será aberta, podendo inscribirse tanto atletas federados coma os non federados, e persoas
de todas as idades. Conca do Lérez agrupa aos concellos de Cerdedo,
Campo Lameiro e Cotobade. Este consorcio nace coa intención de instalar ou xestionar servizos e actividades de interese local e común. Nas tres vilas pódese encontrar unha ampla variedade de deportes e actividades para disfrutar tanto rapaces coma adultos. Desta maneira, a Carreira contará con categoría chupete, xuvenil e categoría absoluta

REGLAMENTO

PREVIO Á PROBA
1. DATA: A Conca do Lérez (consorcio) POIO e GESTSPORT GALICIA organizan o VENRES 1 de maio de 2015, a partir das 10,30 horas, a “ Conca do Lérez 2015” , co patrocinio da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Junior De 18 a 19 1996 – 1997 18.000m
Promesa De 20 a 22 1994 – 1993 e 1995 18.000m
Sénior De 18 A 34 1992 ata 1980* (34 anos) 18.000m
Veteranos/as 1 De 35 A 44 Cumpridos o día da proba. 18.000m
Veteranos/as 2 De 45 A 54 Cumpridos o día da proba. 18.000m
Veteranos/as 5 De 55 A 64 Cumpridos o día da proba. 18.000m
Veteranos/as 7 De 65 En diante Cumpridos o día da proba. 18.000m
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Exemplos: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello Cerdedo. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos ata as 23:59 horas do MARTES 28 de abril (O MARTES ANTERIOR AO DÍA DA PROBA) e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, que serán na web www.cronotec.es o www.gestsportgalicia.es
Haberá UNHA (1) tipo de inscrición:
- Para as categorías Junior, Promesa, Sénior e Veteranos, o deportista pagará a cota de 5 € por persoa .
- Para o resto das categorías “menores” a inscrición é de balde.
Para máis información en www.cronotec.es; no momento de recoller o dorsal deberá presentar o D.N.I. A inscrición é persoal e intransferible.
5. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do Concello de Cerdedo o venres día 01/04 de 08,30 a 10.00h e o xoves 30/05 dende as 17.00 h ata as 21.00 h.
Haberá servizo lanzadera de autobus da zona de meta a saida a 45' da finalización da carreira
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todos os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar cunha acción social, poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedoiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a unha Institución Social.
DURANTE A XORNADA DA PROBA
7. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá ambulancia/s e un médico/a para a atención.
8. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto (e pequenas zonas mixtas de terra/herba dos parques de ocio). Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
9. AVITUALLAMENTO. Durante a proba facilitaráse avituallamento líquido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
10. HORARIOS E PROBA:
10:30 CARREIRA ABSOLUTA JUNIOR – PROMESA – SENIOR E VETERÁNS 20.000m
11. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización identificado, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
12. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas ou coa sua correspondente cinta de nocello) por todo o percorrido, co propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
13. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.
14. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
15. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición nas instalacións da zona de saída. Todos as persoas poderán acceder ás duchas e vestiarios habilitados no Pavillón de Cerdedo.
16. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico (Cruz Vermella), servizo de Gardería, Sorteo de regalos...
17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en cruzar a liña de meta. Os/as vencedores/as absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
18. Haberá premio ao 1º/1ª clasificados/as da Conca Lérez (nados ou censados) sendo obrigatorio presentar a documentación axeitada para poder recibir este premio.
CATEGORÍA ABSOLUTA
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
CATEGORÍA JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERÁNS
1º Masculina Feminina => Trofeo
2º Masculina Feminina => Trofeo
3º Masculina Feminina => Trofeo
19. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN.
A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.00 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes,entenderase que renuncian ao premio.
Haberá servizo lanzadera de autobús da zona de meta a salida, unha vez finalizada a entrega de premios.
20.- PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través do Teléfono 986 090 898 ou no correo-e carreras@gestsportgalicia.es
MAS INFORMACION EN CRONOTEC.ES