Calendario
Info da proba

Cangas

17/05/2015 11:30 - 13:00
Regulamento
I Proba de Running Massó-Liméns


Cangas acollerá o próximo día 17 de maio, a partir das 11:30, a I Proba de Running Masso Liméns, unha iniciativa de Cangas Decide, que conta co apoio do Club de Atletismo Vila de Cangas e I Love Run Acción Deporte.

O percorrido será de 8 kilómetros e está pensado para que todos os veciños poidan animarse a participar. Os organizadores coincidiron en destacar a espectacularidade do percorrido pola costa Massó-Liméns-Massó. A I Proba de Running Masso Liméns ofrece a oportunidade, ademáis de para fomentar hábitos de vida saudables, para poñer en valor os principais puntos de interese turístico de Cangas, como son as praias máis destacadas da vila.
As inscricións poderán realizarse na páxina web de Championchip(https://championchipnorte.com/evento/detalle/dp/1/page/4/id/482/carrera-popular-cangas-decide)
A cota de participación ascende a 5 euros e inclúe unha camiseta técnica. O importe íntegro da recadación obtida destinarase a sufragar os gastos derivados da organización da carreira.