Calendario
Info da proba

Bóveda - Río Mao

24/05/2015 All Day Event
Regulamento VIII CARREIRA POPULAR SOLIDARIA RIO MAO 2015 - BÓVEDA

REGULAMENTO XERAL

1. PRESENTACIÓN
O Clube Horticelos Aventura organiza o vindeiro domingo 24 de maio a VIII CARREIRA SOLIDARIA RIO MAO BÓVEDA 2015 aberta a todos aqueles corredores que desexen disfrutar da fermosura do noso municipio.

2. ORGANIZACIÓN
• Empregaránse os arredores do pavillón municipal e do cuartel da Garda Civil como aparcamento co fin de evitar aglomeracións na zona de saída.
• Haberá servicio de duchas a disposición de todos os atletas sito no pavillón municipal.
• A organización contará coa colaboración dos organismos competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

3. LUGAR
A SAÍDA e META situaránse na Área Recreativa Muíño do Xil.

4. INSCRIPCIÓNS

• PROBA ABSOLUTA
Ata o XOVES 21/05/15 ás 24:00 horas na web www.championchipnorte.com (única forma de inscrición).
Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar a túa inscrición.

COSTE INSCRICIÓN 2€ + 1 kg COMIDA NON PERECEDEIRA (A ENTREGAR NA RECOLLIDA DE DORSAIS)

• CARREIRAS NEN@S
INSCRICIÓN GRATUITA
Para resto de probas e categorías que van dende Pitufos ata Cadete poderán inscribirse dende a publicación desta nota ata VENRES 22/05/15 ás 24:00 horas
1) no correo electrónico a.c.horticelos@hotmail.com, ou
2) no teléfono 982 42 60 77 (horario de 10 a 14 h e de 17 a 21 h)

Deberánse facer constar obligatoriamente os seguintes datos:
• nome e apelidos
• data de nacemento
• carreira na que se inscribe
• localidade de procedencia
• un recurso de contacto: teléfono ou correo electrónico

Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou falsos

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba na zona de Saída/Meta (Area Recreativa) dende ás 10 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se lle entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes do comenzo da proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo).

AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

6. NORMATIVA
• A todos os participantes facilitaráselles un dorsal que deberán colocar no peito para a súa identificación durante a carreira e chegada a meta.
• Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique os datos da inscripción.
• Os participantes deberanse colocar na zona de saída 5 minutos antes do comenzo das probas.
• Esta rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.
• Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.

7. HORARIOS, CARREIRAS E CATEGORÍAS
Establécense as seguintes 24 categorías en masculino como feminino, segundo ano de nacemento:

Hora_____Distancia______Categoría_____Desde____Ata

11:00______1600m_________ALEVIN__________2004_____2005
_________________________INFANTIL_________2002_____2003
_________________________CADETE_________2000______2001

11:30______80 m__________PITUFOS__________2011_____---

11:40______200 m_________PREBENXAMÍN_____2009_____2010

11:50______400 m_________BENXAMÍN________2006______2008

12:15______7400m_________XUVENIL_________1992______1999
_________________________SENIOR A________1985______1991
_________________________SENIOR B________1979______1984
_________________________SENIOR C________1973______1978
_________________________VETERÁNS A______1962______1972
_________________________VETERÁNS B______---________1961

8. PERCORRIDO
Marcará o percorrido un vehículo da organizacion na cabeza do grupo.
Estará sinalizado cada punto quilométrico.
Haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na meta.
A carreira daráse por finalizada cando chegue á meta o vehículo da organización encargado de ir pechando a proba (non está contemplado un tempo máximo para esto).

9. PREMIOS
Entregarase un trofeo conmemorativo ó primeiro/a clasificado/a en cada categoría e medallas o segundo/a e terceiro/a.
A entrega de trofeos e medallas terá lugar unha vez finalizadas a proba absoluta (13:30 h aprox).

10. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas recollidas no presente Regulamento poderá ser descalificado.

11. RECLAMACIONS
A organización e os colaboradores non se fan responsables dos daños morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira. Por este motivo non se admitirán reclamacións. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.

Como en anos anteriores, ó finalizar a proba, aqueles atletas, acompañantes ou espectadores que o desexen, poderán disfrutar gratuitamente dunha pancetada.