Calendario
Info da proba

A Silva

31/05/2015 11:00 - 14:00
Regulamento XI CARREIRA POPULAR PEDESTRE -A SILVA 2015- ¡PERCORRIDO DE 10 KM!



O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o domingo 31 de MAIO, de 11 a 13:40 horas, a 11ª Carreira Popular Pedestre “A Silva 2015” con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 9 km de Cerceda e a 17 km de Ordes), discurrindo toda por terreo asfaltado. A proba formará parte do III Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

REGULAMENTO DA PROBA
1. Poderán participar atletas federados e non federados.

2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (feminina e masculina):
-*CHUPETE: nacidos no 2010 e posteriores.
-*PITUFO: nacidos no 2008-2009
-BENXAMÍN: nacidos no 2006-2007
-ALEVÍN: nacidos no 2004-2005
-INFANTIL: nacidos no 2002-2003
-CADETE: nacidos no 2000-2001
-XUVENIL: nacidos no 98-99
-JUNIOR: nacidos no 96-97
-PROMESA: nacidos no 93-94-95
-SENIOR: nacidos do ano 1981 ata a 1992.
-VETERÁNS 1: do 1975 ata o 1980.
-VETERÁNS 2: do 1974 ata o 1966.
-VETERÁNS 3: do 1965 ata o 1956.
-VETERÁNS 4: do 1955 ata o 1900.
-DISCAPACITADOS: (correrán na categoría que lle corresponda por idade).
-*AFECCIONAD@S: nacidos no 1996 e anteriois (nesta categoría so poderán participar atletas non federados).
*As categorías CHUPETE , PITUFO e AFECCIONAD@S non son categorías federadas.
3. HORARIOS e DISTANCIAS:
11:00 h CHUPETE (100 metros)
11:10 h PITUFO (300 metros)
11:20 h BENXAMÍN (800 metros). 2 voltas ao campo da feira.
11:30 h ALEVÍN (1200 metros). 3 voltas ao campo da feira.
11:45 h INFANTIL (1800 metros). 1 volta ao circuito mediano.
12:10 h. CADETE – XUVENIL – AFECCIONADOS (2200 metros).
1 volta campo da feira (400 m) + 1 volta ao circuito grande (1800 m).
12:40 h ABSOLUTA - SENIOR-JUNIOR-PROMESA.-VETERANS (10 km aprox.).
1 volta ao circuito grande.
12:45 h ENTREGA PREMIOS CATEGORÍAS MENORES.
13:40 h. ENTREGA DE TROFEOS RESTO CATEGORÍAS.
4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
- Inscricións a través da web www.carreirasgalegas.com. Información en www.atletismogalego.org e www.fgatletismo.es/santiago.

PREZOS DE INSCRICIÓN
CARREIRAS CATEGORÍAS MENORES DENDE PITUFOS A CADETE INCLUSIVE:
*Prezo ata o Martes 26 de MAYO = GRATUITA
*Prezo mércores 27 e xoves 28 de MAYO = 3 €

CARREIRA ABSOLUTA e XUVENIL/AFECCIONADOS:
*Prezo ata o Martes 26 de MAIO = 5 €
*Prezo mércores 27 e xoves 28 de MAIO = 7 €

¡Non se admitirán inscricións despois do xoves 28 de MAIO!

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregarán:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres da carreira ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Camiseta conmemorativa (debuxo orixinal concurso escolar 2015) aos 400 primeiros chegados á meta.
- Trofeo ao mellor atleta local (Concello de Cerceda) de cada categoría (sempre e cando non se clasifiquen entre os 3 primeros da súa categoría).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demáis agasallos (chocolatada ou limonada, en función do tempo), ao término de cada proba.
- Obsequio especial aos primeiros atletas locais masculino e feminino da carreira ABSOLUTA.

6. SAÍDA - META: Campo da feira de A Silva.

7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa carreira, debendo levarse colocado na parte anterior do corpo de forma visible para a súa identificación durante o transcurso da proba. O feito de non levalo dará lugar á descualificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal faráse o mesmo día 31 de maio, dende 1 h antes do comezo de cada proba ata media hora antes de cada categoría.
8. CHIP: os atletas, dende cadete, estarán ademais, identificados a través dun chip integrado no dorsal.
9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estimen oportunos, os cales poderán ser motivo de descalificación en caso de incumprimento das normas de competición recollidas nos regulamentos da FGA, RFEA e IAAF para probas en ruta.
10. Avituallamiento: entregaráse auga no km 5 da carreira absoluta e na meta de todas as probas.
11. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo. Todo o non recollido no presente regulamento regularase polas normas da FGA e RFEA para probas en ruta.
12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.