Calendario
Info da proba

Ordes

23/05/2015 18:35 - 21:00
Regulamento RESULTADOS:
RESULTADOS

FOTOS: FOTOS


III ANDAINA CROSS AMBIENTAL CONCELLO DE ORDES
Memorial Estebo José

Data: Sábado, 23 de maio de 2015
Hora: 18:35 h
Lugar: saída do Campo da Feira de Ordes
Distancia: 9.500 m
Organiza: Club Atletismo Ordes
Inscrición: A través da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com

Web: Blog Cross Ambiental de Ordes e Federación Galega de Atletismo
PROBA NON COMPETITIVA
> Bolsa Bandoleira, Camiseta e entrada para o Museo do traxe “Juan José Linares”, froita e bebida para tódolos participantes
> Haberá Chocolate ben quentiño ó remate da proba ¡¡CHURROS e ROSCA!!
> Ó remate da proba SORTEO de agasallos
> Haberá servizo de DUCHAS na Piscina Municipal
PREMIOS NON ACUMULATIVOS

Inscricións: A través da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com

PREZO DA INSCRICIÓN:
+ Maiores de 17 anos (Proba absoluta): 4 € ata o día 18/05/2015, e 6 € do día 19/05/2015 ata o 21/05/2015
+ Menores de 18 anos (de 0 a 17 anos): GRATIS
Rógase a tódolos participantes colaborar con 1 Kg de alimento non perecedeiro, que será donado as persoas necesitadas do Concello de Ordes, a través dos Servicios Sociais de Ordes

O DÍA DA PROBA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS EN NINGUNHA CATEGORÍA.

Máis información e Regulamento: Blog Cross Ambiental de Ordes e Federación Galega de Atletismo

REGULAMENTO
1. Dado o carácter popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
2. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento. Toda inscrición suporá a aceptación destas normas.
3. O percorrido estará sinalizado en tódolos cruces con tablillas/frechas e ó longo de toda a carreira con cinta de sinalización.
4. SEGURO: A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que cubra os posibles danos e responsabilidade civil, da licencia de día creada pola Federación de Atletismo. Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita proba. Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente regulamento i en caso de duda o de surxir algunha situación non reflexada no mesmo, acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba.