Calendario
Info da proba

Carballedo

09/05/2015 17:00
Regulamento
I CARREIRA POPULAR CARBALLEDO
"UN PERCORRIDO POLA TERRA DOS CARBALLOS CENTENARIOS"

Ven á I Carreira Popular de Carballedo e disfruta dun percorrido único, comezando na vila de A
Barrela e seguindo polos fermosos camiños que nos adentrarán no interior do concello
gozando dunhas fermosas paisaxes a carón de pequenos ríos e regatos que alimentan ós
numerosos carballos e demáis vexetación autóctona.
Por todo isto, e moito máis, non dubides en achegarte a correr a I carreira popular de Carballedo o día 9 de maio!!!
Data: sabádo, 9 de maio de 2015
Hora:
Categoría escolar: 17:00h
Categoría absoluta: 18:00h
Lugar: Carballedo, Lugo
Distancia: dende 100 a 9860 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Carballedo
Patrocina: GDR Miño-Ulla.
Colabora: Gimnasio Arena de Chantada (Iñaki Muñoz)
REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A saida e a meta estará situada na praza do concello en A Barrela Plaza Victor Portomeñe.
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá estar sempre visible, colocado na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola
organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu. Este, debe
estar atado á zapatilla ou no nocello, mediante unha cinta.
- O percorrido estartá debidamente sinalizado en todolos cruces e camiños mediante cintas
plásticas, spray e/ou personal voluntario.
- Os participantes obedecerán as instruccions dos menbros da organización e dos controis de
paso, tanto da N-540 no inicio da ruta, como dos cruces nas estradas comarcais ou locais.
- É obrigatorio que cada corredor deposite o lixo nos lugares señalizaos pola organización, co
fin de evitar ensuciar e degradar o medio polo que transcurre o itinerario.
- Deberase prestar auxilio a calquer participante que sufra algún accidente e informar no
control máis cercano.
- Non se poderá obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
- En caso de abandono é obrigatorio avisar nun control ou a un membro da organización e
facer a entrega do dorsal.
- Si por causas alleas a organización, o participante decidise non concurrir na carreira, esta non
devolverá o importe da inscripción.
- Será de obligado cumplimento a recollida de dorsais antes da hora de peche do stand
habilitado para os efectos.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome
coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
cirsunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espíritu deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
CARREIRAS:
CATEGORÍA DE MENORES
Disputaranse a partires das 5 da tarde nos arredores da Praza Victor Portomeñe de A Barrela.
Establécense as seguintes categorías (mascculinas e femininas) coas distancias (aproximadas)
correspondentes:
Categoria chupete: nad@s en 2010 e posteriores - 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2009 e 2007 - 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2006 e 2003 - 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2002 e 1998 - 1500 metros
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 6 da tarde con saída na Praza Victor Portomeñe de A Barrela cun
percorrido de 9.8 quilómetros (aproximadamente).
Establécense as seguintes subcategorías (masculinas e femininas):
CATEGORÍA SENIOR