Calendario
Info da proba

Oleiros

23/05/2015 16:00
Regulamento www.oleiros.org, Concellería de Deportes

XXVI Tríatlon Concello de Oleiros



Organiza:

Concello de Oleiros

Correo electrónico: deportes@oleiros.org

Teléfono: 981 610 000

Colaboran:

Federación Galega de Tríatlon

Protección Civil do Concello de Oleiros

Policía Local do Concello de Oleiros

Garda Civil de Tráfico

Data e horario da carreira:

Sábado 23 de maio de 2015

Saída ás 16:00 h

Distancia:

Para todas as categorías, sprint:

750 m de natación – 21 Km en bicicleta – 5,5 Km de carreira a pé

Neste tríatlon poderán participar:


Todos os deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon.
Aquelas persoas que fagan licenza dun día (achegando copia do DNI).
Para os efectos de control organizativo o número máximo de participantes será de 200.

Categorías (H/M):

Cadete (1998-2000), Junior (1996-97), Sub-23 (1992-1995), Absoluto (1976-1991), Veterán 1 (1966-75), Veterán 2 (1965 e anteriores)

Calendario de inscrición

Do venres 17 de abril, ás 10:00 horas ata ao martes 21 de abril, ás 12:00 horas, abrirase o prazo de preinscrición na web municipal do Concello de Oleiros www.oleiros.org, Concellería de Deportes. É necesario achegar os seguintes datos: nome, apelidos, NIF, data de nacemento, categoría, teléfono, enderezo electrónico, enderezo postal (rúa, número, piso, código postal, municipio, provincia), tamaño de camiseta e nome do club ou no seu caso, non federado.
O 22 de abril a partir das 12:00 h publicarase a listaxe de persoas preinscritas, na web municipal.
O 23 de abril ás 12:00 h farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas (resolverase por sorteo de letra). A continuación publicarase a listaxe provisional na web municipal.
Do 27 ao 30 de abril (inclusive) será o prazo de pagamento. Os/as 200 agraciados/as no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. As persoas non federadas para facer a licenza dun día deberán achegar ademais a copia do DNI. O custo da inscrición para todos os participantes é de 15 euros. Agás por causa imputable á Administración, non se fará a devolución do prezo público.
O 5 de maio a partir das 12:00 h publicarase a listaxe de persoas admitidas na web municipal.
O 6 de maio, no caso de quedar prazas libres, poderanse inscribir as persoas interesadas no Servizo Municipal de Deportes a partir das 10:00 h, a través do correo electrónico: deportes@oleiros.org. Respectarase a orde de entrada do correo.

Saída, boxes e meta:

No parque A Lagoa de Mera, situado detrás da praia de Mera.

Recollida de dorsais:

Entrega de dorsais o mesmo día da proba de 13:00 a 15:00 h no parque A Lagoa de Mera.

Control de material de 14:45 a 15:30 h.

Hora de remate da proba: ás 18:00 horas aproximadamente.

A cronometraxe da proba realizarase por medición electrónica, todos aqueles que teñan o Champion Chip amarelo o poden usar.

Premios:

Nas categorías absolutas (H/M) premiarase cun trofeo ao campión e unha tarxeta-agasallo por valor de 20 €, para adquisición de material deportivo nunha cadea de tendas deportivas ( a informar). O segundo e terceiro clasificado obterán a correspondente medalla polo posto acadado.

Nas restantes categorías tamén se entregarán medallas aos tres primeiros clasificados.

A entrega de premios farase ao remate da proba.

Todos os participantes recibirán unha camisola conmemorativa do XXVI Tríatlon Concello de Oleiros ao tempo que se sortearán entre todos os que rematen a proba, 8 tarxetas-agasallo por valor de 20€ para invertir en material deportivo.