Calendario
Info da proba

Fene

17/05/2015 10:05 - 11:35
Regulamento II 10K DE FENE

O Concello de Fene organiza o segundo "10K de Fene"

A proba organizarase o día 17 de maio de 2015 a partir das 10:00 horas. A saída e meta estará situada xunto á Praza verde do Concello de Fene, no punto quilométrico 0,430 da AC 133 Fene-Mugardos.

A inscrición da carreira absoluta e andaina realizarase a través da web www.nortsports.es

As inscricións a través da web pecharanse o xoves, 14 de maio ás 23:59h.

Custo da inscrición:

A inscrición na carreira absoluta terá un custo de 5,00 €

A inscrición na andaina terá un custo de 3,00 €

Esta carreira é solidaria e todo o recadado irá destinado á “ASOCIACIÓN ARRAIGO
– Axuda a persoas en risco de exclusión social”.