Calendario
Info da proba

Fene

17/05/2015 10:00 - 12:30
Regulamento II 10K DE FENE



O Concllo de Fene organiza o segundo "10K de Fene"

A proba organizarase o día 17 de maio de 2015 a partir das 10:00 horas. A saída e meta estará situada xunto á Praza verde do Concello de Fene, no punto quilométrico 0,430 da AC 133 Fene-Mugardos.

A inscrición da carreira absoluta e andaina realizarase a través da web www.nortsports.es

As inscricións a través da web pecharanse o xoves, 14 de maio ás 23:59h.

Custo da inscrición:

A inscrición na carreira absoluta terá un custo de 5,00 €

A inscrición na andaina terá un custo de 3,00 €

Esta carreira é solidaria e todo o recadado irá destinado á “ASOCIACIÓN ARRAIGO
– Axuda a persoas en risco de exclusión social”.



REGULAMENTO DO “II 10K de Fene”
ARTÍCULO 1.
O Concello de Fene organiza o segundo “10K de Fene”.
A proba organizarase o día 17 de maio de 2015 a partir das 10:00 horas e está
incluída no Calendario Oficial da FGA.
A saída e meta estará situada xunto á Praza verde do Concello de Fene, no punto
quilométrico 0,430 da AC 133 Fene-Mugardos.
ARTÍCULO 2. PARTICIPANTES
A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
As categorías irán dende biberóns ata veteranos.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de
condición físisca suficiente para afrontar a proba.
Simultaneamente realizarase unha andaina, aberta a todos os públicos.
ARTÍCULO 3. PERCORRIDO, DISTANCIAS E HORARIOS.
O circuito sobre asfalto estará pechado a todos os vehículos, salvo os autorizados
pola Organización.
O percorrido estará controlado e vixiado pola Policía Local, Protección civil e coa
colaboración da Organización.
Calquera outro tipo de acompañamento estará prohibido.
Cada quilómetro estará sinalizado sobre o asfalto.
Horarios e distancias:
- 10:00 h: Categoría Absoluta: nacidos no 97 e anteriores: 10.000 mts
- 10:05 h: Andaina 3,6 km.
- 11:30 h: Cadetes e xuvenis, nacidos nos anos 01/00/99/98: 3.600 mts
- 11:50 h: Infantís e alevíns, nacidos nos anos 02/03/04/05: 1.800 mts
- 12:00 h: Benxamín, nacidos nos anos 06/07: 800 mts
- 12:15 h: Prebenxamín, nacidos no anos 2008/2009: 100 mts
- 12:20 h: Biberón, nacidos nos anos 2010/2011: 80 mts
ARTÍCULO 4. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
4.1.-Carreira absoluta e andaina:
Unha inscrición é valida cando o participante cubre o formulario de inscrición a
través da web : www.nortsport.es e pagar o custo da inscrición.
Poderán realizarse inscricións presenciais ata o xoves 14 de maio no pavillón da
Xunqueira, en San Valentín. Horario: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas e
mércores tamén en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 h
As inscricións a través da web pecharanse o xoves, 14 de maio ás 23:59h.
O mesmo día da proba NON se poderán realizar inscricións.
4.2.- Carreiras de menores: www.fgatletismo.es/ferrol
4.3.- Os participantes comprométense a:
· Aceptar estritamente todos os artículos deste regulamento
· Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a Organización se vexa
obrigada por causas alleas á súa vontade
4.4.- A inscrición da carreira é personal e intransferible. Non se admitirán
devolucións, baixo ningunha causa, do importe da inscrición.
4.5.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso
que se expón a continuación: “Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á
Organización, traballadores e demais organizadores, de toda responsabilidade que
puidera derivarse da participación no evento tal como danos morais ou materiais,
pérdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, lesións, etc.
4.6.- A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non
acepte os termos e condicións do evento plasmados neste regulamento. No caso de
dúbida ou de xurdir alguna situación non reflictida no mesmo, estarase ao que
dispoña a Organización.
4.7.- RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS:
O servicio médico da competición está facultado para retirar da carreira á calquera
atleta que manifeste un mal estado físico.
Os participantes deberán correr en todo momento pola dereita da calzada, sendo
motivo de descalificación calquera infracción deste punto.
A proba estará controlada polo comité Galego de Xuices da F.G.A., que estarán
autorizados a descalificar:
- A todo atleta que non realice o percorrido completo
- A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible por diante, doble ou
manipule a publicidade, ou o fotocopie.
- A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a Organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
ARTÍCULO 5. CATEGORÍAS:
Probas de menores
- Biberón, nacidos/as no ano 2010/2011
- Prebenxamín, nacidos/as no anos 2008/2009
- Benxamín, nacidos/as nos anos 2006/2007
- Alevíns, nacidos/as no 2004/2005
- Infantís, nacidos/as no ano 2002/2003
- Cadetes : nacidos/as nos anos 2.000/2001
- Xuvenis: nacidos/as nos 1998/1999
Carreira absoluta:
- Sub 23: nacidos nos 97/96/95/94/93
- Senior: de 23 a 34 años
- Veteráns A: de 35 a 44 años
- Veteráns B: de 45 a 54 años
- Veteráns C: A partir de 55 años
ARTÍCULO 6.- CUSTO DA INSCRICIÓN
- A inscrición na carreira absoluta terá un custo de 5,00 €
- A isncrición nas carreiras de menores será gratuíta
- A inscrición na andaina terá un custo de 3,00 €
Esta carreira é solidaria e todo o recadado irá destinado á “ASOCIACIÓN ARRAIGO
– Axuda a persoas en risco de exclusión social”.
ARTÍCULO 7: - RETIRADA DE DORSAL
Os participantes poderán retirar o dorsal nos seguintes lugares:
- Sábado 16: No Concello de Fene (Avenida do Concello s/n. 15500. Fene) de
11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 h.
- Domingo 17: No lugar de saída (na Praza verde do Concello de Fene) ata 30
minutos antes do comezo de cada proba.
ARTÍCULO 8.- TROFEOS E PREMIOS
- Todos os corredores inscritos na carreira absoluta e na andaina serán
obsequiados cunha camiseta conmemorativa.
- Todos os biberóns e prebenxamíns recibirán medallas unha vez finalizada a
proba.
- Os tres primeiros clasificados das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete
e xuvenil, tanto masculina como feminina, recibirán medalla.
- Na carreira absoluta os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto
masculina como feminina recibirán trofeo
- Entregarase tamén trofeo aos tres primeiros absolutos homes e mulleres.
Poderá solicitarse a presentación dun documento que acredite a identidade para
recoller os premios
ARTICULO 9.- APELACIÓNS
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse verbalmente ao xuiz
árbitro, antes dos 30 minutos posteriores de facerse públicos os resultados, o una
secretaría da competición, xendo o xuiz árbitro o encargado de resolvelas.
Todo o non previsto neste Regulamento resolverase conforme ás normas da FGA,
RFEA e a IAAF, por esta orde.
ARTÍCULO 10.- AVITUALLAMENTOS
Ofrecerase un avituallamento na mitade da proba da categoría absoluta e
establecerase o avituallamento final na zona de meta.
ARTÍCULO 11.- SEGUROS
Todos os participantes estarán cubertos por unha póliza de Responsabilidade civil e
outra de Accidentes proporcionada pola licencia de día da FGA.
A Organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que
durante a participación nesta proba poida causarse a si mesmo un atleta ou a
terceiros.
ARTÍCULO 12.-
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento
para que a organización por si mesma ou mediante terceiros, traten
informáticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou
comercial, os seus datos de carácter personal, así como a súa imaxe dentro da
proba mediante fotografías, video, etc.
De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de
protección de datos de carácter personal, o participante poderá exercer o seu dereito
de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou
total o seu contido. Para exercer este dereito deberá solicitalo por correo electrónico
a cultura.deportes@fene.es