Calendario
Info da proba

Tomiño

25/04/2015 16:00 - 21:00
Regulamento II Duatlon Popular de Tomiño


ADETO (Asociación de Autònomos de Comercio,Hostalería e Industria de Tomiño) coa colaboración do Excmo Concello de Tomiño e a Fedración Galega de Triatlón organiza o II DUATLON POPULAR DE TOMIÑO que se celebrará o Sabado, día 25 de Abril, a partires das 16:00 horas no centro de Tomiño.

Dado o carácter popular e solidario da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, con límite de idade (a partir de benxamíns) , podendo inscribirse tanto federados coma non federados.

INSCRICIÓNS Ata o martes 21 de abril
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Inscricións
(MAX. 196 deportistas ) por rigorosa orde de inscrición
Non se admitirán licenzas incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na web

Licencias 1 día:
Unha vez que acceda á carreira ,realizarase a introdución de tódolos datos no formulario de inscrición que se abre
á dereita da carreira (inscricións de licencias de 1día)
Formalizarase enviando (Copia do DNI e Xustificante de pagamento ó seu nome ) ó Fax 982 109800 ou mail
fegatri@hotmail.com (O seguro de un día ten un custe de 12€ que se sumará ao custe da licenza de 8€ abonando
un total de 20€)
O Concello de Tomiño e a Asociación de Comerciantes de Tomiño subvencionan o custe de licenza de un día
aos deportistas escolares e aos absolutos residentes no Concello. Estes deportistas abonarán só a inscrición.


PREZO DA INSCRICIÓN:
ABSOLUTA- 8€
(O custe de licenza de un día verase incrementado en 12€ de seguro de un día para os
deportistas non federados da carreira absoluta que non sexan residentes en Tomiño)
ESCOLARES- Gratuíta

O pagamento farase no Nº de conta da Federación Galega de Tríatlon e P.M.:
BancoSabadell ES37 0081 5223 16 0001338040.
Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificacións.

MAIS INFORMACION EN FEGATRI.ORG

ACLARAR TAMBIEN QUE HAN PUESTO EL DUATLON DE TOMIÑO ESCOLAR Y PUNTUABLE. (ZONAL).