Calendario
Info da proba

Ribadeo

12/09/2015 18:00 - 21:00
Regulamento II Media Marathon Ribadeo - As Catedrais

1. Denominación

O Concello de Ribadeo organiza a “II Media Maratón Ribadeo – As Catedrais”

2. Data de celebración

Sábado 12 de setembro de 2015. A saída da proba será ás 18:00 horas dende a casa do concello de Ribadeo.

3. Percorrido, categorías e premios

A distancia desta carreira é a dunha media marathón 21.097 m., sobre un pavimento mixto: asfalto, terra e aglomerado de grava. A saída ten lugar dende a casa do concello e realiza un pequeno percorrido urbano pola vila de Ribadeo, tomando logo dirección cara á praia das Catedrais pola costa, pasando polo Cargadeiro, a illa Pancha, Rinlo e a ruta das praias (Xuncos, Os Castros, Illas e Esteiro, para rematar nas Catedrais)

Categorias:

 Xuvenil; De 16 a 18 anos
 Sénior; De 19 a 39 anos
 Veteran@ A: De 40 a 49 anos
 Veteran@ B: De 50 a 59 anos
 Veteran@ C: De 60 a 69 anos
 Veteran@ D: 70 anos ou mais

Medallas aos/ás 3 primeiros/as de cada categoría (masculino e feminino).
Trofeo para o corredor ou corredora máis xove e máis veterano/a en rematar a proba.
Camiseta conmemorativa para cada atleta que chega á meta.

RIBADENSES E CLASIFICACIÓN FINAL DA MEDIA MARATÓN:
Trofeos e premios en metálico para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres, tanto na clasificación absoluta como na de Ribadenses.
Os premios son de: 100 €, 50 € e 25 €. NON SON ACUMULATIVOS

4. Información

Toda a información sobre a proba áchase dispoñible na páxina web creada para o evento: http://mediamaratonascatedrais.ribadeo.org. Tamén pode seguir as novidades nos facebook: Deportes Ribadeo e MediaMarathón Ribadeo- As Catedrais. Asemade, poden consultar calquera dúbida en deportes@ribadeo.org


5. Inscricions e prezos

Ata o 14 de agosto 3 €, dende o día 15 de agosto ata o 8 de setembro 5 €. Máximo 10.000 persoas inscritas.

INSCRICIONS PARA A CARREIRA

• A través de Internet en www.championchipnorte.com, dende o xoves 9 de xullo ata o martes 8 de setembro ás 23:59 horas.
Poderase verificar a inscrición dos seguintes xeitos:
1.- Visualizando as listaxes de persoas preinscritas publicadas nas webs.
2.- Recibirase un mail na dirección que se introduciu na conta de usuario/a
3.- Poderase ver este xustificante accedendo á conta de usuario/a.
As persoas que non finalicen o proceso de inscrición (segundo a mensaxe de aceptación) non estarán correctamente inscritas.


• Inscrición presencial nas oficinas das áreas de Deportes e Información Xuvenil do Concello de Ribadeo (OMIX), Casa da Xuventude (rúa Antonio Otero, 15) antes do luns 7 de setembro ás 14,00 h., achegando os seguintes datos obrigatorios:

- Nome e apelidos
- DNI con letra
- Data de nacemento completa
- Enderezo
- Club ao que pertence
- Se está federado ou no
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico para a confirmación da inscrición.
- Se está censado no Concello
- Talle de camiseta

IMPORTANTE: Non se admiten inscricións posteriores ao martes 8 de setembro, nin o día da proba. Os chips son persoais e intransferibles e van asociados a cada participante. Deben colocarse na zapatilla, atado debidamente aos cordóns. Unha vez finalizada a proba, débese devolver o chip á organización.


6. Datos de interese para @s atletas.

• A retirada dos chips e dorsais será o sábado 12 de setembro de 12:00 a 13:30 e de 15:30 a 17:30 horas na casa do concello de Ribadeo

• Estarán a disposición das persoas participantes os vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal, tanto para cambiarse antes da proba coma para ducharse unha vez finalizada.

• Haberá autobuses para trasladar os/as atletas antes da proba, dende a praia das Catedrais ata a casa do concello de Ribadeo. Dende as 15:15 ata as 17:00 horas (cada 15 minutos).

• Recollida e traslado de mochilas de participantes dende a casa do concello ata a praia das Catedrais.

• Durante a proba os/as atletas disporán de varios postos de avituallamento líquido.

• Na meta os/as atletas disporán de avituallamento líquido e sólido

• Camiseta conmemotrativa.


7. Regulamento e normativa particular

1 As persoas participantes correrán polo carril dereito debidamente habilitado para tal fin, sempre obedecendo as indicacions do persoal de carreira que en todo momento estará debidamente identificado.

2 Os únicos vehículos autorizados para seguir a carreira son os acreditados pola organización. Calquera outro vehículo (automóbil, moto, motocicleta ou bicicleta) non autorizado será expulsado da carreira. Non se permite tampouco ningún vehículo de apoio a participantes , en dito caso serán ambos expulsados da carreira.

3 A organización, nos casos que sexan precisos e como medida de precaución, poderá obrigar o/a corredor/a a abandonar a carreira, quedando a organización exonerada de calquera responsabilidade sobre os danos persoais que poda ocasionar o non acatar por parte do corredor dita orde.

4 Todas as persoas participantes estarán cubertas por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e de accidentes. A organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que durante a participación nesta proba o/a atleta poida causarse a si mesmo/a ou a terceiras persoas. A organización da proba non se fai responsable dos danos ou perxuízos propios e/ou a terceiros que cada participante poida ocasionar.

5 Toda persoa participante polo simple feito de tomar a saída acepta as condicións do presente regulamento.