Calendario
Info da proba

Salceda de Caselas

03/05/2015 10:30 - 13:00
Regulamento
III 10K CONCELLO DE SALCEDA





Boas tardes, enviamos a información da III edición da 10K Concello de Salceda de Caselas, que se vai a celebrar o vindeiro domingo día 3 de Maio.

Saída categoría adultos as 10:30 h. (Praza do Concello)

Resto de saídas a partir das 12:00 h. (Praza do Concello)

Inscricións en (www.championchipnorte.com)

Máis info en: www.salcedadecaselas.es

986349003 (Concello de Salceda)
986349513 (EDM Salceda)

REGULAMENTOS III CARREIRA 10K SALCEDA

REGULAMENTOS III CARREIRA 10K SALCEDA

A III Carreira 10 KM, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o domingo día 3 de Maio de 2015.

Carreira con póliza de responsabilidade civil número 36260062, e seguro de accidentes colectivos número 81184482 para tódolos/as participantes debidamente inscritos na proba.

CARREIRA PUNTUABLE (RUTA), PARA O CIRCUÍTO GALEGO DE CARREIRAS POPULARES (COEFICIENTE 1,50) CIRCUÍTO 2014-2015.
Máis info en: www.correrengalicia.org

Regulamento xeral
1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Praza do Concello ás 10:30 horas, quedando a liña de meta situada no mesmo punto.
O tempo máximo de duración da proba 10km será de 1 hora 30 min.


2.- O percorrido será de 10.000 metros e discorrerá polo seguinte circuíto (enlace a circuíto)

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. Existirá 1 posto de avituallamento líquido, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.

4.- O prazo de inscrición finalizará o Mércores día 29 de Abril as 22:00 h.
CATEGORÍAS MENORES (ANO 2000 E POSTERIORES): 1KG DE COMIDA NON PERECEDOIRA, ENTREGA NA RECOLLIDA DO DORSAL.
CARREIRA ABSOLUTA (ANO 1999 E ANTERIORES): (5 EUROS INSCRICIÓN con alugamento de chip) (3 EUROS INSCRICIÓN propietarios de chip). As persoas que se inscriban pola Web, non quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.
As inscricións realizaranse a través da páxina web [https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/443/iii-carreira-10k-salceda] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web. A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue. As persoas que se inscriban, non quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.
5.- A recollida de chips e dorsais será o sábado día 2 de Maio 10 a 12 e de 16 a 20 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda.
Tamén se poderán recoller o mesmo día da carreira de 8 a 10 horas nun lugar habilitado na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

6.- O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto trala súa participación.
Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
CATEGORÍAS HOMES E MULLERES

Categoría A 1996-1997-1998-1999 (10.000 metros)
Sénior 1995 ata veteranos (10.000 metros)
Veteranos/as A 36 – 45 (10.000 metros)
Veteranos/as B 46 – 55 (10.000 metros)
Veteranos/as C +56 (10.000 metros)

8.- Premios: Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as (absolutos) e (salcedense);
Trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría.

Os premios non son acumulables.

Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

Clasificación (absoluta)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
Clasificación (salcedendes)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Para optar aos premios de Salcedenses, os atletas serán nados ou empadroados no Concello de Salceda de Caselas.
Os premios non son acumulables.

9.- A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

10.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

11.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 10 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.

12.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.

13.- O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.

14.- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

15.- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

16.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

17.- Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán reclamacións. A organización reservase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente),sendo as súas decisións,inapelables.

18.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización. No caso de dúbida ou de surtir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador.

19.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

20.- Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) debera facelo constar no reverso de dorsal da proba.

21.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda de Caselas
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar a meta.
3. Entrega de Premios: A partir das 13.00 horas na Praza do Concello de Salceda de Caselas.
Regulamento escolares/menores

1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 2000 e seguintes.

2.- A inscrición farase de xeito individual en [https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/443/iii-carreira-10k-salceda]

3- As probas darán comezo ás 12:00 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

4.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:

Categoría A: Nados en 2000, 2001 e 2002 (2.500 metros)
Categoría B: Nados en 2003, 2004 e 2005 (1.000 metros)
Categoría C: Nados en 2006, 2007 e 2008 (500 metros)
Pitufos: Nados en 2009,2010,2011,2012,2013 (150 metros)

5.- Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual:
Trofeo aos primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina, diplomas aos segundos e terceiros por categoría e sexo.
- Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

6.- No momento de retirar os dorsáis, necesariamente un adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba, debendo recoller e devolver os chips dos seus participantes. Todos os inscritos que
participan con chip de aluguer teñen a obriga de devolvelo ao remate da proba.

7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento,
rexerase polo regulamento xeral da III 10 KM Concello de Salceda.

8.- Os adultos que acompañen ós nenos e nenas no percorrido escolar non entrarán na clasificación.