Calendario
Info da proba

Universitaria Solidaria

23/04/2015 19:30 - 20:30
Regulamento
I CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA
CAMPUS NA NUBE - RUNFORMED






O Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus na Nube, s.l., da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de alumnos de 6 de medicina RunForMed, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o xoves 23 de abril de 2015, na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela a I Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube-RunForMed), coa finalidade de recadar fondos que axuden as asociacións sen ánimo de lucro, Fundación Arela, de apoio a infancia e a mocidade e a Asociación ASANOG, de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia.

Descrición:

Distancia: 5.700m
Data e hora: 23 de abril ás 19h30
Lugar: Avenida Antonio R. Ibáñez, a carón das Pistas de Tenis da Universidade de Santiago
Chegada: Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela

Pode consultar aquí o Regulamento.