Calendario
Info da proba

Padrón-Rois

25/04/2015 9:00 - 30:00
Regulamento
8ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR. Concellos de Padrón e Rois.
Sábado, 25 de Abril de 2015

INTRODUCCIÓN

Achegamonos a 8ª edición da Andaina Bisbarra do SAR e como sempre as TERRAS de IRIA e o río SAR volven a ser os protagonistas dun percorrido novamente modificado (18 Km inéditos) e dividido en 2 aneis, que se poderá facer de 2 modos: camiñando ou correndo.

Sábemos que o esforzo desta organización non valería de moito se non contásemos co mais importante: a vosa confianza que, ano tras ano ca vosa presenza, axudades a que Andaina Bisbarra do SAR sexa unha importante referencia no calendario das probas de 50 Quilómetros en Galicia.

Mantemos os prezos de inscrición do derradeiro ano e ademais, co pulo de popularizar a proba, os menores de 15 anos que se anoten antes do 28 de Febreiro non terán que pagar.

Esta organización e sabedora de que, afortunadamente, cada vez maís xente nova e polo tanto fisicamente mellor preparada, participa neste tipo de probas. Por iso ofertamos a posibilidade de facer o percorrido correndo - sin ningún tipo de retención-, pero imos ser moi estrictos cos participantes que troten ou corran na modalidade de “Camiñando”.

Advirtese: Os participantes que corran, troten ou non respeten os tempos de retención establecidos pola organización na modalidade de “Camiñando”, serán descalificados “in situ” e non terán dereito o diploma da proba.

Rematamos desexando que disfrutedes ao máximo de vosa estancia nestas terras.

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (27 + 23), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

COMO FACER A PROBA
A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1/ CAMIÑANDO
* Haberá retencións OBLIGATORIAS nos controis. Tempo: entre 7:45 e 11:45 horas.
* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Copa Galega de Andainas 2015 ”.

(Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 5 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2015)

* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
* Descualificaranse “IN SITU” aos que corran ou troten na modalidade camiñando.


2/ CORRENDO
* Non haberá retencións nos controis.Tempo máximo: 6:30 h.
* Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:30 houras no km: 27. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.
* Os/as que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” no tempo establecido, daráselle un diploma de participación co tempo empregado.


Nº DE PLAZAS
* No modo “CORRENDO” haberá un tope de 100 prazas, sendo as 400 restantes para os inscritos en “CAMIÑANDO”.
* A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.

PARTICIPANTES
* Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON).
* A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
* Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
* Aqueles que só queiran facer o 2 anel deberán recoller os dorsais entre as 15:00 e as 15:10. A saída será as 15:15.
* Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: tfno. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.
* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
* É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.
* Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
* Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

ORGANIZACIÓN
* Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.
* Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
* Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.
* Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
* Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.
* Así mesmo, poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
* A listaxe oficial farase a medida que os pre-inscritos vaian facendo o correspondente ingreso. Ata finais de Febreiro actualizaranse cada 10 días, logo cada 5.
* Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de avituallamento e controis. (sempre despois de que pasen os membros da organización que actúen como escobas).

ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2015

Mais información en www.andainabisbarradosar.com
A andaina no foro