Calendario
Info da proba

Sandiás

31/05/2015 10:30 - 12:30
Regulamento
VI CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO (SANDIÁS)
31 DE MAIO DE 2015
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO



A VI CARREIRA POPULAR TORRE DE O CASTRO está organizada polo CONCELLO DE SANDIÁS en colaboración coa ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e celebrarase o domingo día 31 de maio de 2015.

REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:30 para a carreira absoluta (8.000 m.)
b. Ás 10:40 para a carreira infantil-cadete (1.500 m.)
c. Ás 11:45 para a carreira benxamín-alevín (750 m)
d. Ás 12:00 para a carreira prebenxamín (350 m.)
e. Ás 12:10 para a carreira pitufos (150 m)
2. A saída estará situada detrás da Casa do Concello, e a meta ó lado do colexio para a carreira absoluta. Para o resto de carreiras á saída e meta será detrás da Casa do Concello.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
6. O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
7. A carreira estará controlada pola Federación Galega de Atletismo.
8. A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Poderá ser motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
10. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados.
11. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.


INSCRICIÓNS:
Recibiranse inscricións a partir do 4 de maio ata o 28 de maio ás 23:59 H.

 Na web: www.carreirasgalegas.com
 Na Casa do Concello de Sandíás.

Cuota de inscrición: 4,00 € para a carreira absoluta.
A participación nas carreiras escolares é de balde.

Forma de pago:
• Mediante a pasarela de pago da web www.carreirasgalegas.com
• En efectivo ó realizar a inscrición presencial no Concello de Sandiás.
• Inscrición de balde para os atletas empadroados en Sandiás, sempre que o fagan presencialmente nas oficinas do Concello.


PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 28 DE MAIO AS 23:59 H.

A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
Servizo de duchas no Albergue de Peregrinos, situado ó lado do Colexio.