Calendario
Info da proba

Ribadavia

03/05/2015 11:40 - 13:40
Regulamento CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO




[/quote]
O Club Deportivo Aurum coa colaboración da Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo organiza a Carreira Popular Feira do Viño do Ribeiro – Ribadavia 2015, que se celebrará o domingo 3 de maio de 2015 no Concello de Ribadavia.

CATEGORÍAS
PITUFOS 2008 e posteriores
BENXAMÍN 2006 / 2007
ALEVÍN 2004 / 2005
INFANTIL 2002 / 2003
CADETE 2000 / 2001
PROMESA 1993 / 1994 / 1995
XUVENIL 1998 / 1999
JUNIOR 1996 / 1997
SENIOR 1992 e anteriores ata veteráns
VETERÁN A De 35 a 44 anos
VETERÁN B De 45 a 54 anos
VETERÁN C De 55 a 64 anos
VETERÁN D Maiores de 65 anos
LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO: A saída estará situada na Rúa do Progreso fronte a Alameda - Feira do Viño de Ribadavia e a carreira discorrerá polas seguintes rúas: Rúa do Ribeiro - Rúa Veronza - Rúa do Xestal - Área Recreativa da Veronza (carril bici) - Rúa Veronza - Paseo do Avia - Paseo do Miño - Rúa da Aldea - Rúa das Laxas - Rúa Ramal - Estrada Francelos - Rúa San Lázaro - Rúa Redondela - Rúa Extramuros - Rúa Porta Nova de Arriba - Praza Magdalena - Rúa Santiago - Rúa Jerusalén - Rúa Cervantes - Rúa Rodríguez Moure - Rúa Merelles Caula - Praza Maior - Rúa do Ribeiro. (9.000 m. aprox.)

INSCRICIÓNS: Dende o 9 de marzo de 2015 os atletas federados e populares poderán inscribirse no formulario habilitado ó efecto na web www.carreirasgalegas.com. A inscrición ten un custe de 3€ (do 9 de marzo e ata o 14 de abril) e de 5€ (dende o 15 ó 29 de abril) que deberan aboar mediante pasarela de pago. Para os atletas das categorías, menores de 18 anos, a inscrición será gratuíta. Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do mércores 29 de abril de 2015.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
A retirada de dorsais e chips realizarase na secretaria de competición na o baixo da Casa do Concello de Ribadavia (Praza Maior, 1) entre as 10:00 h. e as 11:00 h. do día de celebración da proba.

AGASALLOS E PREMIOS
Todos/as participantes da categoría PITUFOS recibirán unha medalla o rematar a súa participación na proba.
Os tres primeiros clasificados/as das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV recibirán unha medalla.
Os tres primeiros clasificados/as das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán unha medalla e un agasallo do Consello Regulador da D.O Ribeiro.
Os tres primeiro/as clasificados da categoría ABSOLUTA recibirán un trofeo e un agasallo do Consello Regulador da D.O Ribeiro.
Coa retirada do dorsal entregarase unha bolsa do corredor con produtos.
SERVIZOS:
Na zona de saída e meta encontrase persoal sanitario, ambulancia e avituallamento.
Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Ribadavia O Consello.