Calendario
Info da proba

Terras de Iria

16/05/2015 18:00 - 21:00
Regulamento Data: sábado, 16 de maio de 2015.
Hora: 18,00h escolares e 19,00 adultos
Lugar: Concellos de Dodro (saída), Padrón e Rois (chegada).
Distancia: 14,6 km
Organiza: Terras de Iria (Concellos de Dodro, Padrón e Rois)
Inscrición e información: www.emesports.es ata o mércores 13 de maio ás 22:00h

REGULAMENTO
I CARREIRA PEDESTRE TERRAS DE IRIA
As concellerías de deportes dos concellos de Dodro, Padrón e Rois organizan conxuntamente o sábado 16 de maio de 2015 a partir das 18:00 horas, a I Carreira Pedestre Terras de Iria que se disputará na proba absoluta sobre unha distancia de 14,600 metros. As probas levaranse a cabo nas localidades de Dodro, Padrón e Rois e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo. As probas estarán suxeitas o seguinte: REGULAMENTO
 Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
 CATEGORIAS DE PARTICIPACION:
PITUFO: atletas nados en 2011 e posteriores
PREBENXAMIN: atletas nados en 2008, 2009 e 2010
BENXAMIN: atletas nados en 2006 e 2007
ALEVIN: atletas nados en 2004 e 2005
INFANTIL: atletas nados en 2002 e 2003
CADETE: atletas nados en 2000 e 2001
XUVENIL: atletas nados en 1998 e 1999
JUNIOR: atletas nados en 1996 e 1997
PROMESA: atletas nados en 1993, 1994, 1995
SENIOR: atletas nados entre 1981 e 1992
VETERANOS/AS 1: atletas nados/as entre 1975 e 1980
VETERANOS/AS 2: atletas nados/as entre 1966 e 1974
VETERANOS/AS 3: atletas nados/as entre 1956 e 1965
VETERANAS/AS 4: atletas nados/as en 1955 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas
 DISTANCIAS E HORARIOS:
A SAÍDA DA PROBA ABSOLUTA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA DO CONCELLO DE DODRO (TALLÓS) na localidade de Dodro e A CHEGADA DA PROBA ABSOLUTA E AS PROBAS ESCOLARES ESTARÁN SITUADAS NA CASA DO CONCELLO DE ROIS (LUGAR DE SAMIL).
Haberá autobuses a partir das 17,30 cada 15 minutos que levarán ós atletas da proba absoluta desde Rois ata a saída da proba en Dodro.
Os horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro: HORA CATEGORÍA DISTANCIA
18:00 h
PITUFOS
100 m aprox.
18:10 h
PREBENXAMÍN
400 m aprox.
18:20 h
BENXAMÍN - ALEVÍN
900 m aprox.
18:30 h
INFANTIL
3100 m aprox.
18:45 h
CADETE – XUVENIL
4000 m aprox.
19:00 h
JUNIOR-PROMESA / SENIOR
e VETERANS
14,6 km aprox. 20:30 h ENTREGA DE PREMIOS (CASA DO CONCELLO DE ROIS)
O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
 INSCRICIONS  ADULTOS: ata o mércores 13 de maio ás 22:00 horas na web www.emesports.es (forma única de inscrición).  PROBAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido): ata o mércores 13 de maio ás 22:00 horas na web www.emesports.es.
Información tamén nas webs www.carreirasgalegas.com, www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org. Teléfono de información: 981 816 061, 981 802 532 e 981 811 329 en horario de 9 a 13 horas.
Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatórios.
> O PREZO da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP) será o seguinte:
- CATEGORÍAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil): GRATUITA
- CATEGORÍA ADULTOS (de junior/promesa a veteranos): 3,00 €
A pre-inscricion non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web
www.emesports.es. Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 627 36 61 34. Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse ó teléfono 981 816 061, 981 802 532 e 981 811 329 en horario de 9 a 13 horas.
 RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS Realizarase o día da proba nunha carpa situada na casa do CONCELLO DE ROIS (lugar de Samil) a partir das 16:30 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba. CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SUA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. DESCUALIFICACIÓNS: Todo corredor/a que non entre na liña de meta co seu dorsal ben visible colocado na zona anterior do corpo ou que incumpra as normas establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
 TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.
› PROBAS ESCOLARES:
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e
sexo, agás na categoria pitufo, na cal só se darán medallas.
- Medallas ata fin de existencias.
› PROBA ABSOLUTA
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo aos tres primeiros clubes da clasificación final da proba absoluta.
- TROFEO ESPECIAL aos 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
› PREMIOS ESPECIAIS
- Trofeo ao 1º/1ª corredor/a local “Terras de Iria”.
- Trofeo Eroski aos 3 primeiros/as clasificados/as:
- Primeiro/a clasificado/a: xamón + botella de viño
- Segundo/a clasificado/a: lacón + botella de viño
- Terceiro/a clasificado/a: chourizos + botella de viño
- TROFEO PARTICIPACIÓN o colexio/clube con máis corredores inscritos que logren finalizar as probas.
- Trofeo Superveterán o corredor de maior idade que logre finalizar a proba.
- Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que logre finalizar a proba. OS PREMIOS NON SERAN ACUMULATIVOS (agás os dos corredores/as locais).
A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos
acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos. SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS trofeos, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ao correo FGAsantiago@gmail.com no prazo de inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo. Os atletas deberán estar previamente inscritos individualmente na web www.emesports.es.
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase ó finalizar a derradeira proba (20:30 h aprox.) na Casa do Concello de Rois. Poderase solicitar o DNI se a organización o estima oportuno para a recollida dos premios.
En caso de mal tempo a entrega de premios realizarase no pavillón polideportivo municipal dos Dices informando deste feito con antelación.
A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento. A organización reservase o dereito a modificar o mesmo de cara a garantir o correcto desenvolvemento da proba
Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo municipal dos Dices sito a 300 mts. da línea de meta. O horario de apertura será de 17:00 h a 21:00 h.
Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
www.carreirasgalegas.com
- www.fgatletismo.es/santiago/
- www.atletismogalego.org
- www.emesports.es
- www.correrengalicia.org
PLANO I CARREIRA PEDESTRE TERRAS DE IRIA. 14,6KM
SAÍDA
META