Calendario
Info da proba

Oleiros

02/05/2015 17:00
Regulamento IV carreira solidaria “Corre con Implicadas”



Implicadas No Desenvolvemento organiza, por cuarto ano consecutivo, o sábado 02 de maio de 2015 ás 17:00h. a IV CARREIRA SOLIDARIA en Oleiros coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros e da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia. Ademais, este ano súmanse a estas colaboracións: ATP Entrenamento persoal, DJ Dani, AVAN, Masaje Ayurvédico, Atmósfera Sport, Cristalería El Reflejo e Xanzá Movemento eco-creativo.

RESUMO DO REGULAMENTO:

SAÍDA: Todas as categorías sairán do aparcamento da praia de Bastiagueiro, preto da Casa Da Silva (Rúa Mioporos. Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas. Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero si participar nesta IV edición de Corre con Implicadas.

HORARIO E DISTANCIA:

HORARIO CATEGORIA PROBA
17:00h JUNIOR, PROMESA, SÉNIOR E VETERÁNS FEMININO/MASCULINO 5.200 m
17:05h ANDAINA 4.000 m
17:45 h INFANTIL, CADETE e XUVENIL FEMININO/MASCULINO 2.600 m
18:10 h BENXAMÍN e ALEVÍN FEMININO/MASCULINO 1.000 m
18:20 h PREBENXAMÍN e PITUFOS/AS 150 m

INSCRICIÓNS: en www.carreirasgalegas.com
O prazo remata o mércores 29 de abril ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fora de prazo, nin por suposto o mesmo día da competición.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS: O mesmo día da proba, é dicir, o 02 de maio nas carpas habilitadas para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. Tamén poderán recollerse o XOVES 30 nas instalacións do INEF. De 10:00 a 12:00h ao lado de conserxería, e de 15:00 a 21:00h. na biblioteca do INEF. As instalacións do INEF tamén estarán abertas e á disposición das persoas participantes o día da carreira para facer uso das duchas.
DORSAL 0: donativo de 1 euro, 3 euros, 5 euros ou 10 euros por querer colaborar con Implicadas e non poder participar na carreira.

PREMIOS:
• Toda persoa participante que chegue e pase a meta terá un agasallo de Implicadas, unha auga e unha froita.
• MEDALLAS: ás tres persoas mellores clasificadas de cada categoría (excepto para a andaina).
• LOTES SORPRESAS: sorteo de lotes sorpresas (un bono dunha masaxe aiurvédica donado por Piero Piga, lotes de merchadising de Implicadas, un lote de libros da escritora galega e fundadora de Implicadas, María Reimóndez, algunha figura en cristal agasallo da Cristalería El Reflejo e unha sesión para máximo 8 persoas de Danza movemento terapia en familia doada por Xanzá Movemento eco-creativo) facendo coincidir co número de dorsal que teña cada quen.

DESTINO DA RECADACIÓN
A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: “ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO” en Salem e “EMPODERAMENTO DE MULLERES II” en Tiruchy.
Máis información: www.implicadas.com