Calendario
Info da proba

Tui - San Telmo

12/04/2015 10:30 - 13:15
Regulamento Carreira popular de San Telmo, Tui

Data: domingo, 12 de abril de 2015.
Hora: Absoluta ás 10:30
Lugar: Saída e meta no paseo da corredoira.
Distancia: 6500 m.
Organiza: Club Atletismo Tui – Thermalia.
Inscrición: Gratuita con kilo solidario. Formulario de inscrición. Ata o mércores 8 de abril.
Web: Club Atletismo Tui - Thermalia



O vindeiro Domingo 12 de Abril o Club Atletismo Tui – Thermalia organiza a Carreira Popular de San Telmo en Colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Tui e a Comisión de Festas de San Telmo 2015.

Horarios das Probas e categorías

Categoría Ano Nacemento Horario Distancia
Xuvenil 98/99 10.30h 6500 m.
Senior 80/97 10.30h 6500 m.
Veterán A entre 1970 e 1979 10.30h 6500 m.
Veterán B anterior a 1969
10.30h
6500 m.
Cadete
00/01 12.00h 2340 m.
Infantil 02/03 12.00h 2340 m.
Alevín 04/05 12.15h 570 m.
Benxamín 06/07 12.30h 340 m.
Prebenxamín 08/09 12.45h 220 m.
Pitufos 10/11/12 13.00h 100 m.

Inscricións

O prazo de inscricións estará aberto ata o mércores 8 de abril, non se admitirán incricións fora deste prazo, nin no mesmo día da proba.
A inscrición deberá facerse a través do seguinte Formulario de Inscrición (Nota: non se admitirán inscricións con datos obrigatorios sen cubrir, avisando o sistema de dita ausencia. En caso de cubrir todos os datos obrigatorios avisará de que foron rexistrados correctamente).
A inscrición será gratuíta estando aberto no momento de recollida do dorsal a “Operación Kilo” que consistirá na entrega de 1 kilo de alimentos non perecedoiros que serán doados.
A soa inscrición nesta proba implica a total aceptación das condicións recollidas no Regulamento.

Premios

Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín no apartado feminino e masculino. Ademáis entregarase premio ao 1º e 1ª tudense clasificados no apartado absoluto.
Entrega de Premios: 13.15 horas aproximadamente para a carreira absoluta. Ao remate de cada carreira para as demais carreiras.

Colaboradores
Concellería de Deportes do Concello de Tui
Comisión de Festas de San Telmo
Agrupación Deportiva Baixo Miño
Protección Civil

:: Segue a carreira no foro de carreiras populares ::