Calendario
Info da proba

Riveira

27/09/2015 11:00 - 13:00
Regulamento 10K Riveira

O Concello de Riveira a través da súa Concellería de Deportes organiza o domingo 27 de SETEMBRO DE 2015 a partir das 11:00 horas, a XVIII edición da Carreira Popular de Santa Uxía que formará parte do III Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Riveira e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) .

INSCRICIONS: con data límite o xoves 24 de setembro ás 23:59 horas.

RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS: Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que irá situado na parte posterior do dorsal. Non se poderá manipular dito elemento nin será necesaria a súa devolución.
CATEGORÍAS
PITUFO: Atletas nados no 2011e posteriores
PREBENXAMÍN: Atletas nados no 2008 e 2009,2010
BENXAMIN: Atletas nados no 2006 e 2007
ALEVIN: Atletas nados no 2004 e 2005
INFANTIL: Atletas nados no 2002 e 2003
CADETE: Atletas nados no 2001 a 2000
XUVENIL: Atletas nados no 1998 e 1999
JUNIOR: Atletas nados no 1996 e 1997
PROMESA: Atletas nados no 1993 a 1995
SENIOR: Atletas nados no 1981 a 1992
VETERANOS/AS 1: Atletas nados no 1975 a 1980
VETERANOS/AS 2: Atletas nados no 1974 a 1966
VETERANOS/AS 3: Atletas nados no 1965 a 1956
VETERANOS/AS 4: Atletas nados no 1955 e anteriores
SERVIZOS
servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Municipal a Fieiteira.
servizo de gardarroupa.
servizo de ambulancia, médico e seguro deportivo (licencia de día) para os participantes.
sinalización dos puntos quilométricos.
avituallamento intermedio (auga) e final (auga, bebida isotónica, froita e roscón).
PREMIOS
Premios en metálico para os tres primeiros atletas masculinos e femininos que cheguen a meta, 1080 euros repartidos do seguinte xeito:
1º clasificado/a 300,00 euros
2º clasificado/a 150,00 euros
3º clasificado/a 90,00 euros

Trofeos os tres primeiros corredores/as que cheguen a meta.
Trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás nas categorías pitufo e prebenxamín que non haberá nin premiación nin se farán clasificacións das carreiras.
Trofeo ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
Medallas para todos os participantes das categorías pitufo e prebenxamín.
Trofeo e 200 € en material deportivo o clube federado que aporte máis participantes á proba (deberán indicar na inscrición o club polo que participa o atleta).
Trofeo e 200 € en material deportivo o centro escolar que máis participantes aporte á proba (deberán indicar na inscrición o centro escolar polo que participa o atleta).