Calendario
Info da proba

O Porriño [SUSPENDIDA]

17/05/2015 10:00 - 13:00
Regulamento Por consenso, a Diretiva do Club Atletismo Porriño, decidimos suspender a edición deste ano da Carreira de As Agüiñas. Despois da inesperada morte do noso queridísimo compañeiro Diego, non nos quedan demasiados ánimos para proseguir coa celebración da nosa carreira grande. Sopesamos a posibilidade de seguir na súa honra, porque estamos seguros que a él non lle molaría nada que se suspendese, pero a realidade é que non temos un gramo de forza. Quedamos realmente vacíos!.

Esperamos que a xente que fixo os seus plans para ese día así como xs que xa vos anotastes, comprendades esta situación!.

Un saúdo.

A Diretiva do Club Atletismo Porriño.