Calendario
Info da proba

Friol

02/05/2015 11:00 - 13:30
Regulamento
III Carreira Popular de Friol

Data: sábado, 2 de maio de 2015.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: fronte o colexio de Friol.
Distancia: ata 5.000 m.
Organiza: Concello de Friol y CPI Dr. López Suárez (Friol).
Inscrición:
Probas escolares - Concello de Friol
Proba absoluta - Championchip Norte



:: Comenta a Carreira de Friol no foro ::


REGULAMENTO DA PROBA

- A III Edición da Carreira Popular de Friol está organizada conxuntamente polo CPI Dr. López Suárez e o Concello de Friol

- Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.

- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizalo seu.

- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na
internet.

- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.

- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

CARREIRAS DE MENORES
Se disputarán a partir das 11:00 da maña no entorno da Colexio da localidade de Friol . As categorías, as distancias e os horarios de cada un deles
son as seguintes:
Categoría Pitufos: 2010 e posteriores - 100 metros - 11:00
Categoría Prebenxamín: 2008/2009 - 300 metros - 11:05
Categoría Benxamín: 2006/2007 - 700 metros - 11:10
Categoría Alevín: 2004/2005 - 1400 metros - 11:15
Categoría Infantil: 2002/2003 - 1400 metros - 11:25
Categoría Cadete: 2000/2001 - 2100 metros - 11:35


CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputarase a partir de las 12:00 da maña no entorno do Colexio da localidade de Friol sobre un circuito de 5 Km.
As categorías, tanto no apartado masculino como femenino, son as seguintes:
Categoría A: nacidos nos1999, 1998, 1997 e 1996
Categoría B: nacidos entre os anos 1995 e 1986
Categoría C: nacidos entre os anos 1985 e 1981
Categoría D: nacidos entre os anos 1980 e 1976
Categoría E: nacidos entre os anos 1975 e 1971
Categoría F: nacidos entre os anos 1970 e 1966
Categoría G: nacidos entre os anos 1965 e 1961
Categoría H: nacidos entre os anos 1960 e 1956
Categoría I: nacidos entre os anos 1955 e 1951
Categoría J: nacidos no ano 1950 e anteriores


INSCRIPCIÓNS:
Categorías de menores: Farase a inscripción das categorías de menores na web do Concello www.concellodefriol.es indicando Nome, apelidos, data de nacemento, sexo
e club se pertenecese a algún.

Carreira Absoluta: Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com

No caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRATE” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que desexes en www.championchipnorte.com

A inscripción da carreira terá un coste de 3 € para os propietarios de chip amarillo do chip amarillo de championchip + 1 € de aluguer para os non propietarios.


PREMIOS
Categorías de Menores: Os tres primeros de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da carreira, agás os da categoría de pitufos, que non será competitiva.
Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla conmemorativa do evento

Carrera Absoluta: Trofeos os tres primeros clasificados de cada categoría. Os tres primeros absolutos (tanto masculino como femenino) levarán un producto típico da
zona
A todos los participantes se lles entregará una camiseta conmemorativa da carreira.

PERCORRIDO:
A carreira terá un percorrido de 5 km e a saída terá lugar diante do Colexio de Friol, na Praza de España. Dende ahí xiraremos a dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a
gasolinera, collemos a carretera de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección o pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez ca
Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta o mesmo para entrar en meta.


ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP:

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (2 de Maio) na carpa da organización sita diante do Concello de Friol de 9:30 a 11:00.


INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA:
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento na praza do concello e inmediacións do propio Centro Educativo
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacións polideportivas do propio Colexio

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com e na páxina web do Concello de Friol.


CROQUIS DO PERCORRIDO


:: Comenta a Carreira de Friol no foro ::