Calendario
Info da proba

Quiroga

03/04/2015 16:15 - 18:15
Regulamento XI Feira do Viño Quiroga



INSCRICIÓNS
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios.

- ADULTOS participantes na PROBA ABSOLUTA: ata o MERCORES 1 de Abril ás 24:00 horas na web Championchip norte (única forma de inscrición). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.www.CHAMPIONCHIPNORTE.com

- No resto de probas e categorias que van dende pitufos ata cadete poderan inscribirse en CHAMPIONCHIPNORTE ou 30 minutos antes da proba diante do concello de maneira totalmente gratuita.

REGLAMENTO DA PROBA


Art. 1 - Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

Art. 2 - O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Art. 3 - Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións . A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

Art. 4 - A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

Art. 5 - A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Art. 6 - A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Art. 7 - Toda inscripción deberá incluir os datos seguintes: Nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, e clube.

Art.8 - A data límite de inscripción será o día ata o MERCORES 16 de Abril ás 12:00 horas na web Champion chip norte (única forma de inscrición na proba absoluta). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.championchipnorte

Os participantes que participan nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete teñen que inscribirse por medio do fax ou correo electronico contan coa posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba de 14:30 a 16:00 horas diante da Casa do Concello.
- Non se inscribirá a ningún participante despois desa hora.
- Non se admitirá ningunha inscripción na que falten datos.

Art. 9 - A entrega de trofeos e medallas terá lugar diante do concello ás 18:30 horas aproximadamente. Ademais todos os participantes recibirán unha camiseta e os primeiros clasificados serán obsequiados cunha botella de viño por cortesía de Bodegas Mondelo.

Art. 10 - Ó remate da proba, no pavillón municipal,os participantes co desexen poderán ducharse e asearse.

Art. 11 -. A carreira popular feira do viño puntua para o IV Circuito Leader Ribeira Sacra 2015 e o Circuito de Carreira Populares Correr en Galicia.
PREMIOS

OS 3 PRIMEIROS DA CATEGORIA ABSOLUTA TANTO MASCULINO COMA FEMENINO RECIBIRAN TROFEO E OBSEQUIOTrofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría
tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais(trofeos non acumulables coa
absoluta) Tódolos participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa da proba ata esgotar existencias. Os tres primeiros de cada categoría da carreira de adultos recibirán como obsequio botellas de viño da nosa comarca.

CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES E DATAS DE NACEMENTO

PITUFO Atletas nados no 2011 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2008, 2009 e 2010
BENXAMIN atletas nados no 2006 e 2007
ALEVIN atletas nados no 2004 e 2005
INFANTIL atletas nados no 2002 e 2003
CADETE atletas nados no 2000 e 2001
XUVENIL atletas nados entre 1993 e 1999
SENIOR atletas nados entre 1981 E 1992
VETERANOS A atletas nados entre 1970 e 1980
VETERANOS B atletas nados entre 1960 e 1969
VETERANOS C atletas nados en 1959 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1970 e 1980
VETERANAS B atletas nadas en 1969 e anteriores

HORARIOS E CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES
16.15 h
PITUFO |2011 e posteriores| - 100 metros (ata o bar cine).
16:20 h
PREBENXAMÍN* |2008-2009-2010| - 500 metros
BENXAMÍN |2006-2007| - 500 metros -1 volta a Praza de España
16:25 h
ALEVÍN |2004-2005| - 1.000 metros – 1 volta ó bar Zorro.
16:30 h
INFANTIL |2002-2003| - 2.000 metros
CADETE |2000-2001| - 2.000 metros - ata as piscinas municipais e volta a meta.
17:00 h PROBA ABSOLUTA
XUVENIL |nados entre 1993-1999|- 9.000 metros
SENIOR |nados entre 1981 e 1992| - 9.000 metros VETERANOS A |nados entre 1970 e 1980| - 9.000 metros VETERANOS B |nados entre 1960 e 1969| - 9.000 metros
VETERANOS C |nados entre 1959 e anteriores| - 9.000 metros
VETERANAS A FEMENINO atletas nadas entre 1970 e 1980.
VETERANAS B FEMENINO atletas nadas en 1969 e anteriores.- 9.000m

18:30 h ENTREGA DE PREMIOS (diante do concello)

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no Concello, en horario de 12 a 13 h (recomendable); tamén poderán recollerse dende as 14:30 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición referentes a probas en ruta, será descalificado.