Calendario
Info da proba

Portomarín

05/04/2015 11:00 - 13:00
Regulamento
I Carreira Popular Festa da Augardente de Portomarín
"A Carón do Río"

:: Comenta a Carreira de Portomarín neste tema do foro ::



Ven á I Carreira Popular de Portomarín e goza dun percorrido único, a beleza da nosa vila, a igrexa de San Xoan (igrexa-fortaleza do século XII), a igrexa de San Pedro tamén do século XII e unas fermosas paisaxes a carón do río Miño. No corazón do Camiño Francés, parada obrigada dos peregrinos a Compostela. E a todo esto engadirlle a Festa da Augardente.
Para descubrilo achégate a correr por Portomarín o 5 de abril. Non faltes!
Data: Domingo, 5 de abril de 2015
Hora:
- Categorías escolares: 11:00h
- Categoría absoluta:12:00h
Lugar: Portomarín, Lugo
Distancia: Dende 100 a 7.800 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Portomarín.
Colaboran: GDR Miño-Ulla.

REGULAMENTO DA PROBA:

- Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A saida e a meta estará situada nas inmediacións da Praza Condes fenosa, a carón da igrexa.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxen nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
- O percorrido estará sinalado cada quilómetro.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES

Disputaranse a partires das 11:00 da mañá nos arredores da Praza Condes Fenosa de Portomarín.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas distancias (aproximadas) correspondentes:

Categoría Chupete: nad@s en 2010 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2009 e 2007 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2006 e 2003 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2002 e 1998 - 1.500 metros

CARREIRA ABSOLUTA

Disputarase a partires das 12:00 da mañá con saída da Praza Condes Fenosa de Portomarín e un percorrido de 7,8 quilómetros (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 1997 e 1990.
Categoría E: nad@s entre 1989 e 1980.
Categoría F: nad@s entre 1979 e 1970.
Categoría G: nad@s entre 1969 e anteriores.



INSCRICIÓNS:

- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico enviando os datos ó enderezo infoportomarin@concellodeportomarin.es, ou de xeito presencial na casa do Concello de Portomarín ou no número de teléfono 982545070.
O prazo de inscrición remata o martes 31 de marzo ás 24:00 horas.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Inscripción 1€, que será doado a una entidade benéfica.
Os atletas que non posean o chip amarelo deben aboar 1€ en concepto de alquiler do chip no momento de inscribirse na web.
O prazo de inscrición remata o martes 31 de marzo ás 24:00 horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDO

A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Praza Condes de Fenosa ) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo dirixirnos ó Monte do Cristo,cun percorrido por camiños de terra entre pinos e a carón do río Miño. Voltamos a vila e acadaremos a meta despois dun percorrido ó redor de7,8 quilómetros.



ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (5 de abril) nos soportáis da Casa do Concello de 10:00 a 11:00 horas.

PREMIOS

- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Haberá agasallos para os tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría.
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da clasificación absoluta levarán ademáis de cadanseu trofeo:

1º/1ª Clasificad@: estancia dunha fin de semana nun hotel da vila.
2º/2ª Clasificad@:unha comida ou cea nun restaurante da vila.
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Considerase como local @ atleta empadroad@ enPortomarín.
Os premios non son acumulables.
Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos da zona ó rematar a entrega de premios.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as duchas do albergue municipal.


INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán disponibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com


:: Comenta a Carreira de Portomarín neste tema do foro ::