Calendario
Info da proba

Pozo do Demo 5 - Andaina

19/04/2015 9:15
Regulamento POZO DO DEMO 5 - Andaina de Verín


ORGANIZA: Asociación de Senderismo "Ruta das Augas" y Concello de Verín.
LUGAR: Verín (Ourense).
DÍA: 19 abril de 2015.
HORA: 09,15 horas.
MODALIDAD: Andaina.

Tamén haberá "Carreiras Escolares" (dende pitufos ata cadetes).
VER NO CALENDARIO> POZO DO DEMO 5.


INSCRIPCIÓNS: Do 23 de marzo ao 15 de abril.
Coste: 2 €uros a entregar no momento de recoller o dorsal.
Medios de Inscrición:
- Por correo electrónico: pozododemo.verin@hotmail.com / buzon@multisport.es
- Por teléfono: Pavillón de Deportes (988.41.11.40), Multisport (988.41.44.23)
ou Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" (600.41.00.18)

Requisitos para inscribirse: Enviar a seguinte información.
- Prova: Andaina.
- Nome completo e Apelidos.
- Data de Nacemento.
- D.N.I.
- Enderezo completo.
- Teléfono de Contacto.
- Clube ou Asociación de Pertenencia.


Recollida de Dorsais:
- Venres, 17 (todo o día) e Sábado, 18 (pola mañá) - Multisport (R/ Irmáns Moreno).
- Domingo 19 de abril - Pavillón de Deportes (de 07,30 a 08,45 horas).


Trazado:
- Lonxitude: 20,800 Km.
- Dificultade: Media-Alta.
- Para consultar a ubicación e o perfil do trazado:

- Descrición:
Saída dende o Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e atravesalo para contemplar as súas antigas rúas. Seguindo camiño pola chaira cara o núcleo de Tamagos, coménzase a subir ao monte Montemaior pola súa vertiente sur. Nesas rampas iniciais xa se poden ver vistas destacables do val de Monterrei ata o seu contacto coa fronteira portuguesa. Tras facer cumio, e baixar uns metros por un cortalumes, a ruta adéntrase nun camiño novo aberto polo Obradorio de Emprego do Pozo do Demo no que as vistas serán a seguir incomparables entre veredas e pasos verdes coloreados pola chuvia. Poderase consultar a flora e fauna local en paneis informativos dispostos ao largo deste treito.
Ao chegar ao pobo de Veiga das Meás (avituaiamento), se emprende toda a baixada pola zona conocida como A Fraga, facendo ruta paralela ao río Quintas polo descenso do Pozo do Demo. Haberá dispostos varios balcóns para observar con todo detalle a fervenza do Pozo do Demo en todo o seu esplendor. A baixada, neste ano, prolóngase ata o pobo de Ábedes, onde teremos algúns tramos de alta dificultade polo seu perfil rompe-pernas.
Ao alcanzar o val de novo, retórnase cara o lugar de saída, pasando pola fonte de Cabreiroá (podendo facerse unha parada para beber) e atravesando os frondosos piñeiros que escoltan as pistas de terra.
En definitiva, a organización preparou un percorrido máis duro que o ano pasado pero que satisfará aos sendeiristas ávidos do disfrute máis aventureiro e paisaxístico que se pode ofertar nas terras de Verín.

Sinalización: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo.

Recomendacións para a Andaina:
- Empregar calzado resistente e compacto (tipo botas de trecking para camiñar). Non é aconsellable o tenis deportivo para prevenir esbarramentos. Este ano hai zonas encharcadas e con barro que poden producir situacións de perigo.
- Axudar a manter limpo o medio ambiente (non tirar botellas nin lixo).
- A baixada polo Pozo do Demo discorre por pequenos penedos e restos de grava ou area polo que existe certo perigo de producirse pequenos esguinces ou perdas de equilibrio.
- Facer a baixada en grupo ou parellas. Non se debe ir só.
- Non saírse do trazado marcado pola Organización.

Servizos:
- Control de Protección Civil e de Cruz Vermella.
- Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa).
- Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes).
- Avituaiamento na Andaina (en Veiga das Meás) e Pincho durante a entrega de premios e agasallos.

Regulamento Xeral de Pozo do Demo:
1.- A seguridade e control da prova correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, de Protección Civil e o voluntariado que percorrerá o trazado da Andaina.

2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir a prova serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós camiñantes en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito.

3.- A prova contará con persoal sanitario, situado ó inicio e fin do traxecto, así como durante o percorrido.

4.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación na Andaina, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas).

5.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrola a prova.

6.- Non se admitirán inscricións para "Pozo do Demo"despois das 24 horas do 15 de abril de 2015.

7.- Toda persoa que non se inscriba no prazo asignado (ata o 19 de marzo) ou envíe unha inscrición incompleta, en canto aos requisitos pedidos, NON se lle concederá dorsal, polo que non se lle recoñecerá como participante lexítimo da Andaina.

8.- Toda persona que participe sen posuír dorsal ou non levalo durante o percorrido, o fará baixo a súa responsabilidade e non poderá participar no sorteo de agasallos, do pincho que se brindará, nin estará amparado/a polo seguros das provas.

9.- A prova soamente poderá ser suspendida polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos será a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito de modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente.

10.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo camiñante, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que ponderan suscitarse para a seguridade ou comportamento cívico dos participantes.

Colaboradores:
- Saudeter.
- Cruz Vermella.
- Protección Civil de Verín e Vilardevós.
- BTT Verín.
- Cadena COPE.
- Os Trotamoteiros.
- Inorde.
- Asociación Cultural O Cigarrón.

Patrocinadores:
- Augas de Cabreiroá.
- AEVER.
- Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei.
- GADISA.
- HortoVerín S.L.
- Multisport Verín
- Hi-Tec.
- Coca-Cola.