Calendario
Info da proba

POZO DO DEMO 5

19/04/2015 11:30 - 14:30
Regulamento POZO DO DEMO 5


ORGANIZA: Concello de Verín e Asociación "Ruta das Augas".
LUGAR: Verín (Ourense).
DÍA: 19 abril de 2015.
HORA: 11,30 horas.
MODALIDADE: Mini-Trail.
(Tamén haberá Carreiras Escolares).



INSCRIPCIÓNS: Do 23 de marzo ao 15 de abril.
* Coste de inscrición: 2 €uros para Mini-Trail e Gratis para Carreiras Escolares.
* Correos:
- pozododemo.verin@hotmail.com
- buzon@multisport.es
* Teléfono:
Pavillón de Deportes (988.41.11.40), Multisport (988.41.44.23)
ou Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" (600.41.00.18)
* Requisitos para inscribirse: Presentar a seguinte información:
- Prova na que participa: Carreira Escolar ou Mini-Trail.
- Nome completo e Apelidos.
- Data de Nacemento.
- D.N.I.
- Categoría.
- Enderezo completo.
- Teléfono de Contacto.
- Clube, Asociación de Pertenencia ou Independente.



1) INFORMACIÓN RELATIVA AO MINI-TRAIL

- Hora: 11:30 h.
- Lugar de Saída: Balneario de Cabreiroá, Verín.
- Distancia: 15.730 m.
- Recollida de dorsais, duchas e chegada: Pavillón Municipal Central de Verín.
- Track e Perfil oficial do Mini-Trail:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9053821

- Recollida de Dorsais:
+ Venres, 17 (todo o día) e Sábado, 18 de abril (pola mañá) - Multisport (R/ Irmáns Moreno).
+ Domingo 18 de abril - Pavillón de Deportes (08,00 a 11,00 horas).
NOTA: COIDADO> Os dorsais se recollen no Pavillón, non na saída do Balneario.

- Categorías:
* Xuvenil (1998-1999).
* Xunior (1996-1997).
* Promesa (1993-1994-1995).
* Senior (1992 e anteriores ata chegar a Veterano).
* Veterano (dende o día que se cumpre 35 anos).
* SuperVeterano (dende o día que se cumpre 46 anos en adiante).

- Descrición:
Tras a Saída dende o incomparable marco do Balneario de Cabreiroá, a ruta se adentra nuns primeiros quilómetros de tobogáns "de sube-baixa" por pistas de terra, nos cales hai que atravesar un riachuelo (Km 1).
Despois de pasar por baixo da autovía e afrontar outro pequeno riachuelo, comenza a subida ao monte Montemaior (Km 4). O traxecto discorre pola famosa "Ruta dos Carros", recientemente remozada por obradoiros especializados. Tras coronar a esixente rampa final de 400 m ao 34%, a carreira toma un pequeno respiro de pista chan, dende onde se pode observar todo o val de Verín e no que estará asentado un avituaiamento líquido (Km 5).
Comenza unha veloz baixada de 400 metros, con bo firme e pouco técnica, por pistas cun desnivel máis moderado que antes, para adentrarnos en trazados técnicos de rodeiras e bosque (Km 6) ata volver a pasar por debaixo da autovía. Dende alí, a carreira gozará dun divertido e esixente traxecto por bosque técnico que acercará aínda máis aos corredores ao contacto coa natureza.
A falla de 1,5 Km para a meta, o percorrido métese en asfalto para alcanzar o seu final no Pavillón de Deportes.
En resumo, a organización dispuxo un percorrido mixto no cal se modificaron algunhas partes de pista e se trocaron por tramos técnicos de bosque para que os amantes do Trail teñan un bo e ameno adestramento.

- Sinalización:
O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor vermello no chan.

- RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA O MINI-TRAIL:
* Emprego de zapatilla de Trail (tramos con barro e auga que poden producir esbarramentos).
* Axudar a manter o medio ambiente limpo (non tirar botellas nin lixo).
* Buscar aparcadoiro nos aledaños do Pavillón de Deportes (para recoller o dorsal), sobre todo na rúa Canella Cega que está paralela a rúa do pavillón e trasladarse ata a saída no Balneario facendo trote, aproveitando para quentar. Está a 2 Km.
* Non hai taquillas no Pavillón de Deportes pero sí na Piscina Climatizada.



2) INFORMACIÓN SOBRE AS CARREIRAS ESCOLARES

- Categorías e Horarios:

* 10,30 > Cadete Masculino e Feminino (nados en 2000 e 2001) - 2.028 m.

* 10,45 > Infantil Masculino e Feminino (nados en 2002-2003) - 2.028 m.

* 11,00 > Alevín Masculino (nados en 2004-2005) - 1.014 m.
* 11,10 > Alevín Feminino (nadas en 2004-2005) - 1.014 m.

* 11,20 > Benxamín Masculino (nados en 2006-2007) - 676 m.
* 11,30 > Benxamín Feminino (nadas en 2006-2007) - 676 m.

* 11,40 > Pre-Benxamín Masculino e Feminino (nados en 2008 e 2009) - 338 m.

* 11,45 > Pitufos Masculino e Feminino (2010 en adiante) - 175 m.

- Saídas e Chegadas no Pavillón Municipal.
NOTA: Os atletas deben de presentarse con 30 minutos de antelación á súa carreira.



SERVIZOS:
- Control de Policía Local, Protección Civil e de Cruz Vermella.
- Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa).
- Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes).
- Gardarroupa: déixanse os enseres na saída (Balneario de Cabreiroá) e recóllense no pavillón de deportes ensinando o dorsal.
- Avituaiamento líquido nas Carreiras, avituaiamento sólido en Meta e Pincho durante a entrega de premios e agasallos.


PREMIOS:
- Entrega de Premios:
* Carreiras Escolares: Ao rematar todas as categorías escolares (aprox. 12.00 horas).
* Mini-Trail: 13.30 horas.
- Trofeo aos 3 primeiros clasificados por categoría e sexo (en carreiras escolares e mini-trail).
- Trofeo aos vencedores absolutos do Mini-Trail (home e muller).
- Trofeo ao vencedor local do Mini-Trail (home e muller).
- Obsequio de botella de viño da Denominación de Orixe Monterrei e de botella de auga Magma de Cabreiroá aos primeiros clasificados absolutos.



REGULAMENTO XERAL DO POZO DO DEMO:

1.- A seguridade e control das provas, correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, Protección Civil, Cruz Vermella e o voluntariado que dirixirá e controlará o tráfico rodado. A organización dispondrá, ó longo do percorrido, dos mecanismos de control suficientes para asegurar a correcta e deportiva disputa das provas.

2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir as provas serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito.

3.- As provas contarán con persoal sanitario, situado ó inicio e fin das carreiras, así como durante o percorrido en lugares estratéxicos.

4.- Todo corredor/a (de calquera prova) que non respete o percorrido oficial, que non leve visible o dorsal (no peito) para a súa identificación, cometa algunha irregularidade, porte un dorsal distinto ó que se lle entregou ó formalizar a inscrición, mostre un comportamento anti-deportivo e/ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado.

5.- O servizo médico e os xuíces que formen parte da organización están facultados para retirar durante as provas a calquera atleta que manifeste un mal estado físico. Calquera corredor/a con problemas médicos (alerxia, asma, etc..) deberá facelo constar no reverso do dorsal da prova.

6.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación nas provas, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas).

7.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrolan as provas.

8.- Non se admitirán inscricións no "Pozo do Demo" despois das 24 horas do 15 de abril. Por tal efecto non se lle repartirá dorsal ningún.

9.- Toda persona que corra sen estar inscrita (que non leve dorsal), o fará baixo a súa responsabilidade, non será recoñecido como participante lexítimo e non poderá participar dos trofeos nin dos agasallos sorteados. Tampoco estará amparado/a polos seguros correspondentes das provas.

10.- As provas soamente podrán ser suspendidas polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos será a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito a modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente.

11.- Dado o carácter deportivo e popular das provas non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivos de TODOS os participantes. A organización resérvase o dereito e modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellen (informando oportunamente en tempo e forma), e o non recollido no mesmo se resolverá segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables.

12.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo corredor/a, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que poideran suscitarse para manter a seguridade dos atletas por mor de comportamentos incívicos ou irresponsables dos participantes.


COLABORADORES:
- Saudeter.
- Cruz Vermella.
- Protección Civil de Verín e Vilardevós.
- BTT Verín.
- Cadena COPE.
- Os Trotamoteiros.
- Asociación Cultural O Cigarrón.
- Inorde.

PATROCINADORES:
- Augas de Cabreiroá.
- AEVER.
- Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei.
- GADISA.
- HortoVerín S.L.
- Multisport Verín
- Hi-Tec.
- Coca-Cola.