Calendario
Info da proba

Lousame

29/03/2015 10:00 - 13:30
Regulamento
I Carreira Popular "Pilar Barreiro Senra", Lousame

Data: domingo, 29 de marzo de 2014.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: Lousame.
Distancia: ata 10.000 m.
Organiza: Concello de Lousame.
Inscrición: en Eme Sports.
Web: Concello de Lousame



:: Comenta a Carreira Pilar Barreiro neste tema do foro ::



REGULAMENTO

O Concello de Lousame organiza a I CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO SENRA” LOUSAME 2015 que se celebrará o domingo 29 de marzo
ó longo de toda a mañá.

A proba en categoría absoluta disputarase sobre una distancia de 10 kms e poderán participar atletas federados e non federados.
As categorías de participación e distancias a percorrer serán as seguintes:


1. INSCRICIÓNS:
- As inscricións realizaránse na páxina web www.emesports.es, sendo a data límite das mesmas, o martes 24 de marzo as 24:00 horas.
- Non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.
- Os atletas deberán indicar a marca, e lugar, en 10 kms homologados na anterior tempada ou na presente para a formación dos caixóns de saída, ademais da súa talla de camiseta.
- Haberá un limite de 500 inscritos para a categoría absoluta.
- O feito de inscribirse supón a aceptación por parte do/a participante, á publicación de imaxes, vídeos e datos da súa persoa, nos medio de comunicación ( Páxinas web e redes sociais )

2. PREZO:
O importe da inscrición é de 6 € para a categoría absoluta e totalmente gratuita para categoría de menores, que da dereito a participar na actividade, seguro de responsabilidade civil, seguro de accidentes, avituallamentos, duchas, agasallos conmemorativos, e outros servizos ( gardaroupa, ... ).

3. DORSAIS:
- A recollida de dorsais faráse o mesmo día da proba dende as 9:00 h ata as 11:45 h. na praza D. Teodomiro Hidalgo.
- A tódolos/as participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, o cal deberán colocar visiblemente na parte dianteira para a súa identificación o longo da proba e a chegada, sen poder facer ningunha modificación no mesmo. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor.
- Na liña de saída, os/as participantes deberán colocarse en función da cor do seu dorsal, nos lugares habilitados e controlados para os mesmos.

4. CHIP:
Os/as participantes dende a categoría infantil en adiante estarán identificados/as, ademáis do dorsal, cun chip que se entregará en aluguer a cadaún/a e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sin chip, será obxeto de descalificación. Tódolos/as participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta.

5. PERCORRIDO:
Ver arriba.

6. SINALIZACIÓN E CONTROIS:
- Os percorridos estarán sinalizados, así como os puntos de avituallamento e aqueles lugares que o requiran tanto polo seu interese como por seguridade.

- Ó longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.

7. AVITUALLAMENTOS
- No kilómetro 5 da categoría absoluta os/as corredores/as disporán de avituallamento líquido.
- Ó remate de cada proba, os/as corredores/as terán a súa disposición avituallamento líquido e sólido.

8. VESTIARIOS E DUCHAS:
No polideportivo municipal “PILAR BARREIRO SENRA” situado a 2 Kms da liña de saída e chegada ( 42º46´19.88” N 8º51´26.35” O ).

9. RECORDOS:
Os/as participantes serán agasallados cunha camiseta técnica conmemorativa da actividade.

10. PREMIOS
- Trofeo ós/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría, masculina e femenina.
- Trofeos ó e á mellor atletas locais da categoría absoluta (sempre e cando non estén entre os 3 primeros)
- Trofeo ós/as atletas de maior idade, tanto femenino coma masculino.
Os trofeos non serán acumulativos.

11. EXCLUSIÓNS:
Serán excluídos/as da carreira popular todos/as aqueles/as que incumpran as seguintes condicións: non seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco tanto ao entorno coma ós demais participantes; non respetar a tódolos/as participantes; non cumprir as indicacións da organización; non respetar o medio ambiente e a propiedade tanto pública coma privada e non depositar os residuos nos lugares que se habiliten para tal fin.

12. LIMITACIÓNS E DOENZAS:
Os/as participantes teñen a obriga de comunicar á organización se padecen algunha doenza ou limitación que poida requerir unha atención especial no desenvolvemento da actividade; en caso contrario, as consecuencias serán sempre da súa responsabilidade. Considéranse non aptas para participar aquelas persoas que sufran calquera enfermidade ou limitación física para o desenvolvemento da actividade.

13. CAMBIOS E SUSPENSION:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, a súa suspensión ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior, así como a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

14. RESPONSABILIDADE:
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e outro de accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade, sempre e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos circuitos delimitados.

A organización non se responsabiliza dos obxectos persoais que poidan extraviarse ou danarse.

15. OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
- Non estará permitido o acompañamento dos/as participantes mediante o uso de vehículos de apoio.
- Haberá servizo de gardaroupa
- Aparcadoiros: arredores do concello. É moi importante seguir as instruccións de Protección Civil.
- Os resultados oficiais das probas poderán consultarse nas web:
www.emesports.es
www.concellodelousame.es
- O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.

Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes a súa colaboración e o mellor espíritu deportivo.

:: Comenta a Carreira Pilar Barreiro neste tema do foro ::


:: Comenta a Carreira Pilar Barreiro neste tema do foro ::