Calendario
Info da proba

HappyGoRunning

26/04/2015 9:30 - 13:30
Regulamento HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015 - Andaina

A HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, UNICEF ou o Círculo Mercantil de Vigo.

O evento inclúe unha andaina de 10 km de distancia que presenta un percorrido moi atractivo polos arredores do campus Lagoas-Marcosende no que un dos puntos de reunión será no miradoiro de Beade, dende onde se pode observar a Ría de Vigo, a cidade enteira, a península do Morrazo, as Illas Cíes e, no caso de bo tempo, as Illas Ons.


As inscricións efectuaranse exclusivamente a través do enlace coa páxina de www.championchipnorte.com e o seu custe será de 3 €. O prazo estará aberto dende o 2 de marzo ata as 23:59 h do martes 21 de abril.

Máis información na web do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.