Calendario
Info da proba

Happy Go Running

26/04/2015 11:00 - 12:15
Regulamento IX HappyGoRunning - Cidade Universitaria
Carreira 10 km e 5 km





A HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, UNICEF ou o Círculo Mercantil de Vigo.

A IX edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 26 de abril no Campus Lagoas - Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.

Este ano o circuíto da carreira mantense sen cambios respecto das últimas dúas edicións e consistirá en dúas voltas de 5 quilómetros. Hai dúas posibilidades de participación:

- 10K (dúas voltas ó circuíto)
- 5K (unha volta ó circuíto)

A carreira de 10 KM forma parte do Circuíto de Carreiras Populares de Vigo polo que as persoas participantes na HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015 quedarán inscritas automaticamente no circuíto.

O custe da inscrición será de 5 € para as persoas pertencentes á comunidade universitaria da Uvigo e de 7 € para o resto. Destinarase 1 € de cada inscrición ao proxecto solidario de UNICEF "Gotas para Níger". As inscricións poderanse facer a través da web de Championchipnorte entre o 2 de marzo e o 21 de abril.

Os premios para as tres primeiras persoas da clasificación xeral tanto masculina como feminina serán en metálico e cos seguintes importes:

1º 400 €
2º 300 €
3º 200 €

Haberá agasallos para as tres primeiras persoas das clasificacións universitarias.

Os corredores/as terán a súa disposición servizo de comedor, cafeterias, ludoteca, outlet de roupa deportiva, duchas e vestiarios.

Máis información na web do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.