Calendario
Info da proba

Frades

01/05/2015 10:30 - 13:30
Regulamento
II Carreira Popular Concello de Frades

Data: venres, 1 de maio de 2015.
Hora: a partir das 17.00 h.
Lugar: Ponte Carreira-Praza Pública, Concello de Frades.
Distancia: de 300 a 8.500 m.
Organiza: Concellería de Deportes de Frades.
Inscrición: www.emesports.es ata o martes, 28 de abril ás 23.00 h.

:: Comenta a Carreira de Frades no foro ::



II CARREIRA PEDESTRE POPULAR
CONCELLO DE FRADES 2015

O Concello de Frades celebra a súa II Carreira Pedestre Popular o venres 1 de maio de 2015 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802) baixo o control técnico da Federación Gallega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do III CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán as suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO

1- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo, Delegación Santiago de Compostela.

2- CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIO DAS PROBAS
O percorrido da carreira será dunha distancia de 8,35 km en ruta. A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAIDA 5 minutos antes do inicio de cada proba.

HORA CATEGORIA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
17:00 h Pitufo Nados en 2011 e posteriores* 300 m aprox
(1 Volta á praza)
17:10 h Prebenxamín Nados en 2008-2009-2010* 500 m aprox
17:20 h Benxamín 2006-2007 800 m aprox
17:30 h Alevín 2005-2004 800 m aprox
17:45 h Infantil 2003-2002 2000 m aprox
18:00 h Cadete – Xuvenil 1998-1999-2001-2000 3000 m aprox
18:30 h Junior Nados entre 1997 e 1996 8600 m aprox
18:30 h Promesa Nados entre 1995-1994-1993 8600 m aprox
18:30 h Senior Nados entre 1992 e 1981 8600 m aprox
18:30 h Veteranos/as 1 Nados no 1975 e 1980 8600 m aprox
18:30 h Veteranos/as 2 Nados entre 1966 e 1974 8600 m aprox
18:30 h Veteranos/as 3 Nados no 1956 e 1965 8600 m aprox
18:30 h Veteranos/as 4 Nadas en 1955 e anteriores 8600 m aprox
ENTREGA DE PREMIOS AO FINALIZAR AS PROBAS

O percorrido da proba absoluta estará indicado e sinalizado cada kilómetro.

3- INSCRICIONS

*PROBAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido).
Realizaránse a través do formulario online presente nas páxinas www.emesports.es Deberán rellenar os datos requeridos no formulario online: nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade de procedencia, club e nº de licenza federativa ou seguro escolar (se o ten), teléfono de contacto ou correo electrónico. Data límite ata o martes 28 de abril ás 22.00 horas. As inscrición para as categorías escolares serán gratuitas.

*CATEGORÍAS ADULTOS (junior, promesa-senior e veteráns).
As inscricións realizaránse a través da web www.emesports.es. Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

PREZOS DA INSCRICIÓN:

- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- ADULTOS (De xuvenil-junior ata veteranos): 5,00 €

*INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO

*Os equipos, clubes, centros… que desexen obtar ós premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un correo electrónico á dirección de correo FGAsantiago@gmail.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS EN METALICO. Na clasificaión por clubes poderán entrar os atletas das categorías junior, promesa, senior e veteráns.

Admitiránse inscricións ata o martes 28 de abril ás 23.00 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais recolleránse na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal deberá levarse en todo momento durante o transcurso da proba colocado de forma visible na zona anterior do corpo.

Os atletas locais deberán indícalo cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición. Os atletas da proba absoluta correrán cun CHIP que lles será entregado na Secretaría no momento de recoller o dorsal.

Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600852222 (Lino).

4-Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de todos os atletas sito no Pavellón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saida).



A organización disporá a disposición de todos os atletas un servicio de fisioterapia, roupeiro e ademais de persoal sanitario e ambulancia.

Tamén haberá hinchables para os mais pequenos.

5-RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.

*CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse nas zapatillas antes da saída da súa proba.

E obrigatorio una vez crucen a liña de meta entrégalo nuns recipientes habilitados para tal efecto.

Todos os corredores teñen a obriga de devolver o CHIP o finalizar a súa proba.

6-O longo do percorrido á organización ubicará controis nos canles poderase descualificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, obstaculizar ou empurrar a outros atletas…).

7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o su dorsal colocado correctamente na zona do peito será descalificado.


8- PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR

- Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), agás nas categorías pitufo e prebenxamín que non haberá clasificación.

- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (junior, promesa, senior e veteranos/as).

- Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados/as no Concello.

- Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados masculinos e 3 femeninos na clasificación final.

- Trofeo para o clube, entidade ou colexio que aporte mais participantes na proba.

- Medallas para tódolos participantes escolares (de pitufo a cadete).

- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.

- Entrega de camisetas técnicas para tódolos participantes.

AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERÁNS).

PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado/a: 250 €
2º Clasificado/a: 150 €
3º Clasificado/a: 90 €
4º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES FEMENINO

1º Equipo clasificado: 150 € 1º Equipo clasificado: 150 €
2º Equipo clasificado: 100 € 2º Equipo clasificado: 100 €
3º Equipo clasificado: 50 € 3º Equipo clasificado. 50 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade.en caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 4º componente. Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos (non mixtos). Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 6 corredores do clube logren concluir a carreira.

O abono dos premios en metálico realizaránse ó concluir a entrega de premios, para o cal os gañadores dos mesmos deberá acreditar a súa identidade do DNI.


9.A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas rexerase polas regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA, e en especial o artigo 3.4 (páxina 72 do manual), artigo que se pode consultar no seguinte enlace:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentación2015.pdf

10- As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuiz Árbitro da Competición, non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

11- Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.


12- Tódolos participantes polo feito de inscribirse na proba, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a participación sin estar inscrito ou sin levar dorsal.