Calendario
Info da proba

Santiago

16/05/2015 17:30 - 20:00
Regulamento II CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS


A II CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS, que se celebrará o sábado 16 de maio do 2015, quere unir a práctica do atletismo co Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.

Inscricións en: www.carreirasgalegas.com



1. Circuítos e horarios:
-17.30 horas: saída da carreira absoluta (de júnior/promesa a veterano, de 8,5 km) dende a estrada sen tránsito pegada ó aeroporto da Lavacolla a través do Camiño de Santiago ata o Monte do Gozo.

-Horarios e distancias para as carreiras de menores no circuíto do Monte do Gozo:
18.50 h - PITUFOS (NENOS E NENAS) 200 m aprox.
19.00 h - PREBENXAMÍN-BENXAMÍN (NENOS E NENAS) 400 m aprox.
19.10 h - ALEVÍN-INFANTIL NENAS 1200 m aprox.
19.20 h - ALEVÍN-ÍNFANTIL NENOS 1800 m aprox.
19.30 h - CADETE-XUVENIL NENAS 1800 m aprox.
19.45 h - CADETE-XUVENIL NENOS 2400 m aprox.

Haberá control técnico da Federación Galega de Atletismo en todas as categorías.

2. Premios e agasallos
-Todos os participantes recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras.
Ademais:
- Os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os tres primeiros clasificados das categorías de alevín a veterano recibirán un lote de libros.
- Todos os participantes das categorías pitufo, prebenxamín e benxamín recibirán un libro adaptado á súa idade.
- O centro escolar e o club que máis alumnos rematen a proba recibirán un trofeo e un lote de libros.

3. Recollida de dorsais
No punto de información da planta baixa do Centro Comercial As Cancelas de Santiago (o 15 de maio de 11:00 a 20:00 horas e o 16 de maio de 11:00 a 14:00 horas) e na secretaría da carreira do Monte do Gozo a partir das 16:00 horas.

4. Servizos e avituallamentos
Haberá servizo de gardarroupa na saída, servizo de autobuses dende o Monte do Gozo á saída e servizo de avituallamento a metade de carreira e outro na zona de meta.

OS AUTOBUSES PARTIRÁN DESDE O MONTE DO GOZO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 16.00 HORAS EN DIRECCIÓN Á ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 17.00 HORAS

Máis información e inscricións en: www.carreirasgalegas.com