Calendario
Info da proba

Ribadavia - Cross

31/01/2015 10:00 - 12:30
Regulamento
II Cross de Ribadavia
Campionato provincial de Campo a Través

Data: sábado, 31 de xaneiro de 2015.
Hora: a partires das 10:10 h.
Lugar: Area Recreativa de A Veronza, Ribadavia.
Distancia: de 1.000 a 8.000 m.
Organiza: Club Deportivo Aurum.
Inscrición: Ver artigo 4 do regulamento.

Non puntuable. Homes e mulleres compiten en probas diferentes.


:: Comenta o Cross de Ribadavia neste tema do foro ::


CROSS DE RIBADAVIA 2015

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E COMPETICIÓN
Art. 1.- O Cross de Ribadavia está organizado polo Club Deportivo Aurum e a Delegación en Ourense da FGA, e patrocinado polo Concello de Ribadavia contando coa colaboración do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense. Celebrarase o día 31 de xaneiro de 2.015, na Area Recreativa de A Veronza, Ribadavia, e está incluído no calendario oficial da F.G.A.

Art. 2.- Poderán participar cantos atletas pertencentes a Clubs e atletas independentes que o desexen, debendo estar en posesión da súa correspondente licenza federativa para a tempada 2014/2015.

PROBA POPULAR: Na proba da categoría absoluta poderán participar todos/as os/as corredores/as populares que o desexen, debendo abonar unha cota de inscrición de 4€.

Art. 3.- As categorías, o circuíto e as distancias a percorrer axustaranse as normas emanadas da F.G.A.

Art. 4.- Os clubs e atletas federados deberán inscribirse na Extranet da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/. Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do martes 27 de xaneiro.

Os atletas populares deberán inscribirse no formulario habilitado ó efecto na web: www.carreirasgalegas.com e cumprir co requisito de abono de 4€ de inscrición. Unha vez efectuado o pago confirmarase a inscrición do atleta popular, que inclúe licenza de día da F.G.A. Dispoñen de prazo para as inscrición ata as 20:00 horas do martes 27 de xaneiro.

Todas as inscricións deberán estar en poder da Organización o día 27 de xaneiro de 2.015 as 20:00 horas.

Art. 5.- A retirada de dorsais, para os atletas de clubs federados, efectuarase na secretaría de competición o día 31 de xaneiro a partir das 09:00 h. por unha persoa acreditada de cada Club participante, a que se lle entregará un sobre con todos os dorsais dos atletas inscritos.

A retirada de dorsais, para os atletas populares e atletas independentes, efectuarase de forma individual na secretaría de competición o día 31 de xaneiro a partir das 09:00 horas.

Art. 6.- Será descualificado todo atleta, que non corra co dorsal ben visible e sen dobrar sobre o peito, non finalice a proba co dorsal e co chip entregado pola organización, non cumpra correctamente coas distancias marcadas, non pase pola Cámara de Chamadas ou faga caso omiso das indicacións dos xuíces da competición.

Art. 7.- As probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Delegación en Ourense da F.G.A. e contarase con control automático dos tempos e clasificacións mediante o sistema de Chips da F.G.A.

Art. 8.- Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de responsabilidade Civil e por outra de accidentes, quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos por desprazamento a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.

Art. 9.- A participación dos atletas estranxeiros está suxeita o disposto no artigo 3.4 das normas de competición da RFEA.

Art. 10.- Todos os atletas participantes nesta competición quedan suxeitos a este Regulamento. Para o non contemplado nestas regras, aplicarase o regulamento da F.G.A., da R.F.E.A. ou da I.A.A.F no seu defecto.

Art. 11.- A Organización entregará os premios correspondentes ao Campionato Provincial de Campo a Través que determine a Circular e da Delegación FGA en Ourense e premiará os/as tres primeiros atletas populares de categoría absoluta.

Art. 12.- Horarios:

As probas das categorías resaltadas, correspóndense coa disputa do Cpto. Provincial Escolar de Campo a Través do programa XOGADE.

Art. 13.- Todos os participantes deben pasar obrigatoriamente pola “CAMARA DE CHAMADAS” no horario establecido a tal efecto.


:: Comenta o Cross de Ribadavia neste tema do foro ::