Calendario
Info da proba

CDM - Camariñas

08/03/2015 9:30 - 13:00
Regulamento
IV Carreiras Pedestre Concello de Camariñas
II Circuíto Correndo pola Costa da Morte

Data: 8 de marzo de 2015.
Hora: a partires das 9:30 h. Ver punto 3 do regulamento.
Lugar: Camariñas.
Distancia: de 500 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Camariñas.
Inscrición: Ver as diferentes modalidades no punto 8 do regulamento.
Web: Concello de Camariñas

:: Comenta a Carreira de Camariñas no foro ::





Datas II Circuíto Correndo pola Costa da Morte
Camariñas . 08-03
Vimianzo ... 26-04
Dumbría .... 23-05
Zas ........... 06-06
Cee ........... 27-06
Carnota .... 29-08
Corcubión . 27-09
Fisterra ..... 18-10
Muxía ........ 22-11


CONCELLO DE CAMARIÑAS

1.- IDEOLOXÍA DA IV CARREIRA PEDESTRE DE CAMARIÑAS domingo 8 de MARZO
A ideloxía da IV Carreira Pedestre de Camariñas é a mesma que a do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 3 anos).

As posibilidades de participación son fundamentalmente dúas:
- Corredores de carreiras: son aqueles deportistas (adultos e menores de idade) que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuíto pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen participar. Nas categorías de adultos os corredores terán a posibilidade de inscribirse na proba 5K Contra o Cancro ou 10K.

Na proba 5K Contra o Cancro participarán en categoría absoluta independentemente da súa idade. A distancia desta proba poderá variar entre os 4.000 e os 6.000 metros en función do concello organizador.

Na proba 10K (categorías sénior, M40 e M50) a distancia poderá variar entre os 8.000 e 10.000 metros en función do concello organizador.

- Corredores de circuíto (5K Contra o Cancro e 10K): son deportistas (adultos) que se inscriben co obxectivo de completar un mínimo de seis probas do circuíto na modalidade de 5K Contra o Cancro ou 10K. Estes atletas entran na clasificación particular das probas nas que participan e tamén na clasificación xeral do circuíto.

Deberán facer unha única inscrición e correr obrigatoriamente con chip amarelo.

2.- PROBAS
O circuíto estará composto por un total de 9 probas. Comezará o día 8 de marzo de 2015 coa IV Carreira Popular Concello de Camariñas, e rematará o 22 de novembro de 2015 coa II Carreira Popular Concello de Muxía.

CONCELLO DATA PROBA
1ª proba Camariñas 08-03-2015 IV Carreira Pedestre Concello de Camariñas
2ª proba Vimianzo 26-04-2015 IV Carreira Pedestre Concello de Vimianzo
3ª proba Dumbría 23-05-2015 I Carreira Pedestre Concello de Dumbría
4ª proba Zas 06-06-2015 II Carreira Pedestre Concello de Zas
5ª proba Cee 27-06-2015 II Carreira Pedestre Concello de Cee
6ª proba Carnota 29-08-2015 XXIV Carreira das Areas Concello de Carnota
7ª proba Corcubión 27-09-2015 XIV Carreira Pedestre Vila de Corcubión
8ª proba Fisterra 18-10-2015 II Carreira Popular Concello de Fisterra
9ª proba Muxía 22-11-2015 II Carreira Pedestre Concello de Muxía

3.- CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo Mixto 2008-2011 300 – 500 m. 11´45H
Benxamín Masculino / Feminino 2006-2007 500 – 1.000 m. 10´30H
Alevín Masculino / Feminino 2004-2005 500 – 1.000 m. 10´15H
Infantil Masculino / Feminino 2002-2003 2.000 – 3.000 m. 9´30H
Cadete Masculino / Feminino 2000-2001 2.000 – 3.000 m. 9´30H
Xuvenil Masculino / Feminino 1998-1999 4.000 – 6.000 m. 10´45H
Absoluta 5K Contra o Cancro Masculino 1997 (incluído) e anteriores 4.000 – 6.000 m. 10´45H
Sénior 10K Masculino / Feminino 1976-1997 8.000 – 10.000 m. 12´15H
Veteranos M40 Masculino / Feminino 1966-1975 8.000 – 10.000 m. 12´15H
Veteranos M50 Masculino / Feminino 1965 (incluído) e anteriores 8.000 – 10.000 m. 12´15H

4.- PERCORRIDOS
a) Infantil: 2002-2003 e Cadete 2000-2001: Hora de comezo 9´30h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra)-Cantón Miguel Feijoo- subida da Dársena- Ramón Noguera- Estrada do Vilán- Avda Juan Carlos I- A Grixa-
Plaza San Xurxo- Virxen do Monte- Avda da Coruña- Avda da Coruña (Casa de Pedra. 2500m apróx.

b ) Alevín: 2004-2005: Hora de comezo 10´15h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, ambrosio Feijoó, Alcalde Noguera Patiño, baixada pola dársena vella, rotonda e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 1300 m aprox.

c) Benxamíns: 2006-2007: Hora de comezo 10´30h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, ambrosio Feijoó, rotonda e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 800m aprox.

d) Xuvenil 1998-1999 e Absolutos 5K Contra o Cancro 1997 e anteriores(incluído 1997), é dicir, que cumpran 18 anos ou máis en 2015 (10´45)
Percorrido (2 voltas): Avda da Coruña (Casa de Pedra)-Cantón Miguel Feijoo subida da Dársena- Ramón Noguera- Estrada do Vilán- Avda Juan Carlos I- A Grixa-Plaza San Xurxo- Virxen do Monte- Avda da Coruña- Avda da Coruña (Casa de Pedra). Unha hora para rematar o percorrido.

CAMARIÑAS 5K

e) Pituf@s: 2010, 2009, 2008, 2007: Hora de comezo 11´45.
Percorrido: Dende o San Remo ata meta. 150m aprox

f) Absoluta 10 KM APROX. ÁS 12´15H. Tempo máximo de remate da proba 1h e 20´.
Percorrido:
https://mapsengine.google.com/map/viewer?mid=zohVhHIDs3fk.km65QsPEEA3I
F.1) Sénior: 1997 ata 1976 (incluídos).
F.2) Veterán M40: 1975 a 1966 (incluídos)
F.3) Veterán M50: 1965 e anteriores (incluído).

5.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o
Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).

2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello de Camariñas.
Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.

3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.

4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.

5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.

6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.

7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F.
en vigor.

9. O Concello de Camariñas porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo de Camariñas para que se poidan cambiar e duchar,así como un servizo de garda roupa na Casa de Pedra.


10. O Concello de Camariñas porá a disposición dos atletas das probas 10K e 5K Contra o Cancro un servizo de masaxes para aqueles deportistas que o precisen.

11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.

12. @s participantes adultos participantes nas probas 10k e 5k Contra o Cancro recibirán un agasallo cando recollan os seus dorsais e chips.

13. Haberá avituallamento final para todos os participante de todas as probas e un líquido intermedio na carreira 10k.

14. Descualificacións:
- O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
- Todo atleta que non realice o percorrido completo.
- O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.

6.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.

A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do Concello de Camariñas así coma de www.championchipnorte.com.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
- O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
- Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.

7.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
- Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas).
- Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufo.
- Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
- O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará na clasificación do circuíto.
- O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
- O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será ás 8´30 da mañá nas oficinas administrativas da Casa de Pedra en Camariñas. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.
- Os corredores de circuíto 10K ou 5K Contra o Cancro que participan na liga deberán usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.
- Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do circuíto no lugar habilitado para tal efecto (oficinas administrativas da Casa de Pedra en Camariñas). A retirada de dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio da carreira.
- No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de Championchip.
- No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
- Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da mesma.
- Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira nas oficinas administrativas da Casa de Pedra en Camariñas ata 30 minutos antes do inicio da proba.
- Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.

8.- INSCRICIÓNS
As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com data límite mércores 4 de marzo ás 24h.

As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma championchip, presentando un formulario de inscrición no departamento de deportes do concello organizador, ou no lugar indicado polo concello organizador a tal efecto. Para optar ao diploma conmemorativo en categorías inferiores é preciso que nas inscricións das diferentes probas o nome, apelidos e data de nacemento coincidan exactamente. É dicir, se non están inscritos exactamente igual (por exemplo unha vez con til e outra sen ela), o sistema considerará que son inscricións diferentes. Así mesmo deberán achegar a autorización paterna no momento de realizar a inscrición.

Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
- Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga.
- Os atletas poderán participar no circuíto 10K ou no 5K Contra o Cancro (deberán especificalo no momento de realizar a inscrición).
- Teñen que asistir a un mínimo de seis probas do total do circuíto.
- Deben usar obrigatoriamente “chip amarelo” e usarán un dorsal único para todo o circuíto.
- Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
- As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da cuarta proba puntuable.

- Corredores de carreira
: son atletas (adultos) que só participan de maneira puntual nalgunha das probas do circuíto.
- OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10K OU NA PROBA 5K CONTRA O CANCRO.
- Non participan na liga.
- Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
- Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberán devolver ao remate da proba.

Cotas de inscrición:
- A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.
- A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá un custo de 20 € para aqueles que teñan chip en propiedade, e de 30 € (20 € de inscrición + 10 € pola compra do “chip amarelo”) para aqueles que deban mercar o chip.

A participación no circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” permite aos atletas adquirir o “chip amarelo” en propiedade por un prezo reducido de 10 €. Dito chip será válido para participar en calquera proba cronometrada por Championchip.

Inscricións de Categoría Base:
Data límite mércores 4 de marzo.

A inscrición para os atletas de categorías base,dende pitufo a xuvenil, serán gratuítas.
1) Plataforma championchip ( www.championchipnorte.com. ) A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina do Concello de Camariñas www.camarinas.net.

2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Camariñas ou entregándoa nas conserxerías dos Centros Educativos.

@s atletas de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito:
1) Enviando un email a fran.puga@camarinas.dicoruna.es coa autorización paterna cuberta e asinada. Á hora de recoller o dorsal deberán presentala impresa e asinada dita autorización paterna, poderá descargarse na páxina do Concello de Camariñas www.camarinas.net.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Camariñas ou entregándoa nas conserxerías dos Centros Educativos de Camariñas.

9- CARREIRA 5K CONTRA O CANCRO
Unha das novidades da 2ª edición do Circuíto é que este ano na carreira 5K imos colaborar coa Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito todo o que se recade coas inscricións desta proba (agás o correspondente ao aluguer ou compra de chips) irá destinado a ese fin e será entregado a dita asociación cando remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.

Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial contra o Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o circuíto.

10.- CALIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS

- Clasificacións da proba 10K:

- Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (sénior, M40 e M50), independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
- Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Camariñas.
- Clasificacións da proba 5K Contra o Cancro:
- Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 5K Contra o Cancro.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría absoluta (os tres primeiros/as que entren na meta), independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.

- Clasificacións das probas de base:
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (benxamín, alevín,infantil, cadete e xuvenil).
- Ademais nascategorías pitufo, benxamín e alevín recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba.
- A entrega de trofeos das carreiras benxamín e alevín farase antes do comezo da carreira xuvenil e de adultos de 5K Contra o Cancro, se o tempo o permite, no exterior e no suposto que non fose así no salón de actos da Casa de Pedra.
- A entrega de trofeos do resto de categorías farase, se o tempo o permite, no exterior e no suposto que non fose así no salón de actos da Casa de Pedra, ao remate da proba de 10K.

- Clasificacións do circuíto 10K:
- Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 10K. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
- Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de seis probas para poder optar aos premios.
- No caso de correr máis de seis probas, o atleta puntuará cos mellores 6 resultados acadados.
- A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
- No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
- Número de probas rematadas.
- Maior número de mellores postos.
- Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).
- Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto o primeiro e primeira clasificado/a das categorías sénior, M40 e M50.
- Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a local (empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
- Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a foráneo (atletas non empadroados nos concellos organizadores do circuíto).

- Clasificacións do circuíto 5K Contra o Cancro:
- Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 5K Contra o Cancro. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
- Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de seis probas para poder optar aos premios.
- No caso de correr máis de seis probas, o atleta puntuará cos mellores 6 resultados acadados.
- A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
- No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
- Número de probas rematadas.
- Maior número de mellores postos.
- Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).
- Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto o primeiro e primeira clasificado/a da categoría absoluta.
- Premios especiais:
- Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto que rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
- Recibirán diploma conmemorativo todos os/as corredores/as de carreira das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil que completen un mínimo de 6 probas do circuíto.Para optar a diploma conmemorativo nas categorías inferiores é preciso que nas inscricións das diferentes probas o nome, apelidos e data de nacemento coincidan exactamente. É dicir, se non están inscritos exactamente igual (por exemplo unha vez con til e outra sen ela), o sistema considerará que son inscricións diferentes.
- Entrega de trofeos aos campións de circuíto:
Unha vez rematadas as probas do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a todos/as os/as atletas campións en cada unha das categorías, así como un acto de entrega dos premios especiais.
O lugar e data no que terá lugar dito acto de entrega será comunicado coa suficiente antelación.

O Concello de Camariñas, organizador desta carreira, aproveita a ocasión para agradecer a súa participación.



:: Comenta a Carreira de Camariñas no foro ::