Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2015 10:30 - 12:00
Regulamento VIII CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE OUTES 2015

DATA: Domingo 17 de Maio de 2015
SAÍDA: Praza de Galicia
ORGANIZA: Departamento de deportes do Concello de Outes.
E-MAIL: deportes@outes.es
PERSOA DE CONTACTO: Lorena
Nº DE TELÉFONO DO PAVILLÓN: 981850748
PATROCINA: Concello de Outes
COLABORA: Protección Civil de Outes, Policía Local, Garda Civil, Club atletismo Outes e demais voluntarios.



CATEGORÍAS:
• Chupetes (2012 e posteriores): 50 m
• Pitufos (2010 e 2011): 100 m
• Prebenxamin (2008-2009): 225 m
• Benxamín (2007-2006): 450 m
• Alevín (2005-2004): 1 km
• Infantil (2003-2002): 1 km
• Cadete (2001-2000): 3 km
• Xuvenil (1999-1998): 3 km
• Junior (1996-1997): 10 km
• Promesa (1993-1994-1995)): 10 km
• Senior (1981 ata 1992): 10 km
• Veteranos 1 (1975 ata 1980): 10 km
• Veteranos 2 (1974 ata 1966): 10 km
• Veteranos 3 (1965 ata 1956): 10km
• Veteranos 4 (1955 ata 1900): 10km

HORA DE COMEZO
O comezo da primeira carreira de alevíns e infantís de 1 km será ás 10:30 h; cadetes e xuvenís 3km ás 10:45 h e o comezo da de 10 km sobre as 11:20 h. As carreiras de chupetes, pituf@s, prebenxamín e benxamín terán lugar despois de dar a saída da carreira de 10km e será dentro do campo de fútbol. O comezo da carreira de benxamins 450m será as 12:35h(nesta carreira realizarase una carreira de homes e una de mulleres); prebenxamins 225m será as 12:40h(homes e mulleres xuntos); a carreira de 100 m de pitufos será as 12:45h(homes e mulleres xuntos); e chupetes de 50 m será ás 12:50h(homes e mulleres xuntos). As distancias nestas últimas carreiras(benxamin, prebenxamin, pitufos e chupes)son aproximadas.

INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do mércores 13 de maio a través da web de championchip (www.championchipnorte.com). Para as categorías participantes na carreira de 10 km a inscrición terá un custo de 4 euros para os non propietarios de chip (2 euros alquiler + 2 euros de inscrición), e de 2 euros para os propietarios de chip amarelo; para o resto de categorías a inscrición é gratuíta e débese marcar o desconto correspondente na inscrición. As persoas da carreira absoluta (10 Km) que marquen o desconto que non lles corresponde, serán eliminados da inscrición.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de championchip, podédesvos dirixir ao teléfono 982816884 ou ao enderezo electrónico info@championchipnorte.com
Os nenos das categorías de chupetes, pitufos e prebenxamin tamén deberán inscribirse a través de championchip (si quedan fóra do prazo de inscrición poderán participar igual na carreira. Nestas categorías todos os participantes inscritos pola web recibirán una medalla)

DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS:
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), Mail de contacto (se o ten), Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar tamén se pertence ao Concello de Outes para puntuar nos premios locais.
As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas, non serán admitidas.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo da Serra, dentro do campo de fútbol, poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo.
Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e 450 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.

PREMIOS
Medallas para todos os participantes nas categorias chupetes, pituf@s e prebenxamins.
Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar ós premios locais.
Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías agás chupetes, pituf@s, e prebenxamins (nestas categorías todos levarán medalla).
Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral (10 Km).
Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral (10 Km)
Trofeo para o primeir@ de Outes nas categorías: benxamin, alevin, infantil, cadete e xuvenil.
Non haberá premios económicos.
Os trofeos non serán acumulativos.

PERCORRIDO
Carreiras de 50m, 100m, 225m e 450 metros: terán lugar arredor do campo de fútbol. (As distancias destas catro carreiras son aproximadas).
Carreira de 1 Km (1.000 metros): saída da praza de Galicia, dirección rúa Doutor Esperante, rúa de Compostela, rúa do Conchido ata a praza de Galicia.
Carreira de 3 Km (3.000 metros): terán que dar 3 voltas ao circuíto de 1 Km.
Carreira de 10 Km: saída e meta na praza de Galicia, o percorrido levarase a cabo polas rúas e pistas do concello.

REGULAMENTO
1- O departamento de Deportes do Concello de Outes será o organizador da VIII Carreira Pedestre de Outes.
2- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento.
3- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
4- Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe quedar en todo momento ben visible.
5- Nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe electrónica, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou a chegada na linea de meta onde se colocarán unhas caixas para a súa recollida).
¡É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP!
6- Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuízo da organización cometa algunha irregularidade, será descualificado.
7- A saída da 1ª carreira DE 1KM será ás 10:30h; a de 3km as 10:45 e a carreira de 10 Km está previsto que teña a saída ás 11:20 h. Os pequeniños de todo (benxamin, prebenxamin, pitufos e chupetes) correrán polo campo de fútbol e a saída da primeira carreira será as 12:35h aproximadamente.
8- Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comezo da proba. Os horarios son os seguintes:
Alevins e infantís: 10:30 horas (1KM).
Cadetes e xuvenís:10:45 horas(3KM).
Categorías restantes (carreira de 10km): 11:20 horas.
Benxamíns: 12:35 horas.
Prebenxamíns: 12:40 horas.
Carreira de pituf@s: 12:45 horas.
Carreira de chupetes: 12:50 horas.
Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación si se presenta algún imprevisto de última hora.
9.- A organización establece as seguintes categorías:
• Chupetes (2012 e posteriores): 50 m
• Pitufos (2010 e 2011): 100 m
• Prebenxamin (2008-2009): 225 m
• Benxamín (2007-2006): 450 m
• Alevín (2005-2004): 1 km
• Infantil (2003-2002): 1 km
• Cadete (2001-2000): 3 km
• Xuvenil (1999-1998): 3 km
• Junior (1996-1997): 10 km
• Promesa (1993-1994-1995)): 10 km
• Senior (1981 ata 1992): 10 km
• Veteranos 1 (1975 ata 1980): 10 km
• Veteranos 2 (1974 ata 1966): 10 km
• Veteranos 3 (1965 ata 1956): 10km
• Veteranos 4 (1955 ata 1900): 10km

10.- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido.
11.- A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
12.- Un coche irá pechando a carreira, facendo funcións de "coche escoba".
13.- O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descalificación.
14.- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
15.- As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados. Todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.
16.- Os trofeos non serán acumulativos.
17.- A entrega de trofeos está prevista para as 13:05 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.
18.- Os corredores poderán utilizar o pavillón e os vestiarios do campo de fútbol para asearse e ducharse despois da carreira.
19.-Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordó co regulamento da RFEA e a FGA para probas de ruta en vigor.
20.- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público, organización e a proba en xeral.
21.- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
22. Límite de participantes 500 corredores.