Calendario
Info da proba

Monforte de Lemos

26/04/2015 11:00 - 13:00
Regulamento VII CARREIRA POPULAR
CONCELLO DE MONFORTE


Regulamento da proba:

Non estará permitido o acompañamento dos/as participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados/as.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento


CARREIRA ABSOLUTA

Categorías:

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:

Categoría F……………..nad@s entre 1998 e 1999.
Categoría G……………..nad@s entre 1996 e 1997.
Categoría H……………..nad@s entre 1981 e 1995.
Categoría I……………..nad@s entre 1976 e 1980.
Categoría J……………..nad@s entre 1971 e 1975.
Categoría K……………..nad@s entre 1966 e 1970.
Categoría L……………..nad@s entre 1956 e 1965.
Categoría M……………..nad@s no 1955 e anteriores.


INSCRICIÓNS:

Inscricións on-line na páxina
www.championchipnorte.com

Inscricións presenciais a partir do luns 13 de abril na Concellería de deportes do Concello de Monforte.

Peche de inscricións o xoves 23 de abril.
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse tanto on-line como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
-DNI con letra
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Sexo
-Clube (no caso de telo)
-Localidade
-Teléfono Móbil
- Se é atleta empadroado/a en Monforte

A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Percorrido:


A saída e a meta serán na Praza da Compañía (ó lado dos Escolapios) e será de dúas voltas cunha distancia total de 7 km


ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (26 de abril) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 11:15

PREMIOS ECONÓMICOS DAS CARREIRAS ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA

1º/1ª Clasificad@ ……………………300€
2º/2ª Clasificad@ ……………………200€
3º/3ª Clasificad@ ……………………100€

PEMIOS POR CATEGORÍAS ADULTOS

1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA

1º/1ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
2º/2ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
Considerase como local o atleta empadroado en Monforte de Lemos.

Todos os premios son acumulables.

Camiseta oficial da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola organización.


INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

-Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento sinalizada no parque dos condes situado inmediatamente antes da Praza da Compañía.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacions dos Padres Escolapios na zona de meta.


-INFORMACIÓN E RESULTADOS:

Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com


CARREIRA CATEGORÍAS MENORES

Haberá unha proba non competitiva para rapaces/as nados/as despois do ano 2010.
A distancia será aproximadamente de 80 metros e non haberá clasificacións.
Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
Será necesaria a inscrición previa no mesmo prazo que o resto de categorías menores.

RESTO DE CATEGORÍAS:

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:

Categoría A……………..nad@s entre 2008 e 2010.
Categoría B……………..nad@s entre 2006 e 2007.
Categoría C……………..nad@s entre 2004 e 2005.
Categoría D……………..nad@s entre 2002 e 2003.
Categoría E……………..nad@s entre 2000 e 2001.

INSCRICIÓNS

Inscricións por correo electrónico en lodeco@lodeco.es a partir do luns 6 de abril.
Inscricións presenciais a partir do luns 6 de abril na Concellería de deportes do Concello de Monforte

Peche de inscricións o xoves 23 de abril.

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax


Para poder inscribirse tanto por correo como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:

-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade

A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.


PERCORRIDO:
Categoría Mini: 11:00h……………. 80m.
Categoría A,B: 11:05h…………..... 600m.
Categoría C: 11:15h……………... .1000m.
Categoría D,E: 11:30h:………...... 1500m.

ENTREGA DE DORSAIS

Os dorsais entregaranse o día da proba (26 de abril) na carpa da organización sita na explanada dos Escolapios de 9:00 a 10:30

PREMIOS:

Trofeo para @s tres primeir@s de cada categoría.

Camiseta oficial da proba e avituallamento final para todos os que rematen a proba.