Calendario
Info da proba

Barreiros - Relevos

05/07/2015 10:30 - 14:30
Regulamento BASES “II REAL CARREIRA DE RELEVOS RIA DO MASMA”
BARREIROS (LUGO) - 5 XULLO 2015

ORGANIZA: Café Bar Moderno, S.L
DATA: 5 de xullo de 2.015
HORA: Carreiras adultos 10.30 H., Carreira infantiles 11.30 H.
LUGAR: CAMPO DE FÚTBOL DO CASCABEIRO – BARREIROS – LUGO
SAIDAS E CHEGADAS: Campo de fútbol do Cascabeiro.
COLABORA: Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo, Area de cultura e deportes
Concello de Barreiros.
Protección Civil de Barreiros.


SISTEMA DE COMPETICIÓN E NORMATIVA:
Poderán participar todolas persoas que o desexen.
Trátase dunha carreira de relevos por equipos, formados por 4 atletas.
Haberá 4 percorridos dependendo das idades.
CATEGORÍAS:
- Pitufos (anos 2014-2008): 4 relevos de 100 m.
- Benxamín(anos 2007-2004): 4 relevos de 400 m.
- Infantil (anos 2003-2000): 4 relevos de 650 m.
- Absoluta (a partir de 1999): 4 relevos de 8.000 m.
Na categoría absoluta establécense 3 subcategorías, equipo masculino, equipo femenino e equipo mixto (2 homes e 2 mulleres), mentres que nas categorías infantiles os equipos poderán estar compostos por nenos ou nenas indistintamente competindo na mesma categoría.
Os participantes correrán cun testigo que farán entrega ó compañeiro seguinte na zona de saida-meta.
No intre da inscripción deberase indica-los nomes dos participantes.
Os relevistas deberán poñerse a disposición do persoal de control, antes de toma-la saida.
A clasificación final será por orde de chegada do último relevista.
Os participantes deberán levar sempre visible o dorsal ou maracaxe que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados.
Os participantes deberán pasar por todo-los puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto, dará lugar á descalificación do infractor.
Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que a organización considere inapropiadas.
A descalificación dun atleta conleva a descalificación do seu equipo.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.
A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.
A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento ante calquer imprevisto.


INSCRIPCIÓNS:
Categorías infantiles gratuita.
Categoría absoluta inscripción 10,00 € por participante, 40,00 € por equipo, o que da dereito a seguro de accidentes, avituallamento líquido ó remate da carreira e a comida no Restaurante Café Bar Moderno.
O prazo remata o día da carreira 1 h. antes do comezo da proba.
Pago: Ingreso en conta bancaria: ES0402388170930600004464. Indicar no resguardo o nome do equipo ou do capitán do equipo.
No intre de face-la inscripción deberase adxunta-lo documento de pago.
Enviar datos a: info@cafebarmoderno.org ou presencialmente en Café Bar Moderno de Barreiros (Lugo)
Información: Tfnos: 982 124 085 - 615 09 21 15
As inscripcións o día da proba faranse mediante pago en efectivo.
Datos a aportar polos participantes:
Nome do equipo, nome, apelidos e DNI dos participantes, tfno. de contacto do “capitán do equipo, e-mail, categoría na que se inscriben.
Recollida de dorsais ata media hora antes da saida, na zona de meta.


CATEGORIAS:
- Pitufos (anos 2014-2008): 4 relevos de 100 m.
- Benxamín(anos 2007-2004): 4 relevos de 400 m.
- Infantil (anos 2003-2000): 4 relevos de 650 m.
Os equipos poderán estar compostos por nenos ou nenas indistintamente.

- Absoluta (a partir de 1999): 4 relevos de 8.000 m.
Nesta categoría establécense 3 subcategorías, equipo masculino, equipo femenino e equipo mixto (2 homes e 2 mulleres).

PREMIOS :
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

PERCORRIDOS:
Pitufos: 100 m cada relevo.
Benxamín: 400 m cada relevo, 1 volta ó campo de fútbol.
Infantil: 650 m. cada relevo, 1 volta interior-exterior campo de fútbol.
Absoluta: Saida dende o campo de fútbol do Cascabeiro, dirección barrio A Áspera, Vilar, Anea, Ria do Masma (percorrido pola zona da marisma aproveitando a marea baixa – zona técnica), Punta Anguieira, Viladaide, Campo de fútbol.
Atoparémonos con zona de asfalto, camiños de terra, zona de ría.
Distancia aproximada percorrido 8 km.

VARIOS:
A organización ofrecerá obsequios varios ós participantes.
Ofrecerase avituallamento líquido ó remate e comida post-carreira.
Haberá seguro de responsabilidad civil.
Os acompañantes que desexen participar na comida post-carreira terán que abonar 10 € por adulto e 5 € por neno (ata 12 anos). Inscripción no tfno. 982 124 085.
A organización non se fai responsable dos danos físicos, materiáis, moráis e de calquer índole que poidan sufri-los participantes ou os seus acompañantes.
Haberá servizo de duchas e aseos no campo de fútbol de Barreiros.
Zona de aparcamento.