Calendario
Info da proba

CCCP - Campañó

19/09/2015 18:45 - 19:45
Regulamento Carreira Popular de Campañó, Pontevedra - CCCP 2015



REGULAMENTO

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA. A Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra, organizan o sábado 19 de setembro de 2015, a partir das 18.45 horas, a “VIII Carreira Pedestre de Campañó – Gran Premio Hotel Campaniola 2015”, na categoría de adultos/as.

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas e acepten e cumpran as condicións de participación.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Faranse ata as 23:59 horas do día 16 de setembro de 2015 e e será en www.championchipnorte.com. Non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
- Para as categorías promesas, seniors e veteranos/as na que o/a deportista pagará a cota de 5 € máis, e de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).
a) No caso de que o/a deportista das categorías promesas, seniors e veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da carreira, marcando a casilla axeitada na inscrición en web, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de inscrición. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
Ojo morado Se o/a participante é veciño/a de Campañó deberá de inscribirse na propia sede da Asociación Cultural Deportiva Campañó e a inscrición será de balde.
- Para a categoría xuvenil (nados nos anos 1999 e 1998) o/a deportista non pagará a cota agás, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso), e fará a inscrición na web.
- Para as categorías dende Chupete ata Cadete, a inscrición é de balde e se inscriben o mesmo día da carreira dende as 11.00 ata as 17.00 horas no Hotel Campaniola.
- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2015, será de balde.

5. HOTEL OFICIAL. A Organización conta co precioso Hotel Rural Campaniola que ofrecerá un prezo especial de 60 € en habitación dobre e 40 € en individual (sempre cos almorzos engadidos). Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente co hotel e dar a referencia “Carreira de Campañó” no tel. 986 872 711

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

6. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531) e aos 3 kilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, á dereita, ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17,45.

7. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Hotel Campaniola de Campañó dende as 11.00 ata as 17.45 horas do día 19 de setembro e alí mesmo farase entrega do dorsal.

8. MENÚ DO DEPORTISTA. Será unha dieta pensando na enerxía necesaria para os deportistas e será no Hotel Rural Campaniola cun prezo de 10 €.

9. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición na Casa da Cultura de Campañó (xunto á saída).

10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico para a atención.

11. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto e haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).

12. AVITUALLAMENTO. En cada volta do percorrido haberá avituallamento líquido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

13. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou os xuíces, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

14. CHIP. Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

16. OUTROS. Na liña de meta os/as participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, os premios non son acumulativos.
Absolutos/as
1º Masculina Trofeo e 300 €
1º Feminina Trofeo e 300 €
2º Masculina Trofeo e 200 €
2º Feminina Trofeo e 200 €
3º Masculina Trofeo e 100 €
3º Feminina Trofeo e 100 €
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina Xuvenil, Promesas, Senior e Veteranos/as.
Nas categorías Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete recibirán unha medalla todos os que rematen a súa carreira.
Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.

18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 19.45 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico. No transcurso da cerimonia de premiación sortearase entre os/as atletas chegados a meta unha estancia de 4 noites para 2 persoas en réximen de media pensión no Hotel Barceló Varadero (Tenerife).

19. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
- Sorteo de dúas estancias para 2 persoas no HOTEL RURAL CAMPANIOLA (unha noite de aloxamento en media pensión).
- Sorteo de agasallos e material deportivo entre todos/as os participantes.

20. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información no correo-e elias.dominguez.cabral@gmail.com ou en https://www.facebook.com/carreiradecampano

CADRO RESUMEN DA CARREIRA DE CAMPAÑÓ 2015 - GRAN PREMIO HOTEL CAMPANIOLA


A inscrición é de balde e se inscriben o mesmo día da carreira dende as 11.00 ata as 17.00 horas no Hotel Campaniola
Chupete / 2015 ao 2011 / saen ás 18.25 / corren 120 m.
Pitufo/a / 2010 ao 2008 / sane ás 18.30 / corren 170 m.
Benxamín / 2007 ao 2006 / saen ás 17.45 / corren 500 m.
Alevín / 2005 ao 2004 / 17.55 / corren 800 m.
Infantil / 2003 ao 2002 / 18.10 / corren 1.300 m.
Cadete / 2001 ao 2000 / 18.45 / corren 1.300 m.

A categoría Xuvenil sairá cos maiores ás 18.45 horas (só fará unha volta de 3.200 m.) e será cronometrada polo que fai falta o chip de tempos; serán nados nos anos 1999 ao 1998, a inscrición é de balde pero teñen que pagar (en caso de non telo) 1 € de aluguer de chip. Teñen que inscribirse ata as 23.59 horas do 16/09/2015, a través de www.championchipnorte.com

Toas as categorías de maiores de idade correrán 9.650 metros cunha inscrición ata as 23.59 horas do 16/09/2015, a través de www.championchipnorte.com por 5 € (máis 1 € de aluguer de chip, en caso de non telo en propiedade). A non devolución supón unha penalización de 30 €. As persoas desempregadas con D.A.R.D.E. devolveráselles os cartos se se inscriben como tales e o poden acreditar o día da recollida do dorsal.

Promesas / de 18 a 22 anos
Sénior de 23 anos a 34 anos
Veteranos/as 1 de 35 anos a 39 anos
Veteranos/as 2 de 40 anos a 44 anos
Veteranos/as 3 de 45 anos a 49 anos
Veteranos/as 4 de 50 anos a 54 anos
Veteranos/as 5 de 55 anos a 59 anos
Veteranos/as 6 de 60 anos a 64 anos
Veteranos/as 7 de 65 anos en diante

:: Comenta o Circuíto de Carreiras de Pontevedra neste tema do foro ::