Calendario
Info da proba

CCCP - San Brais

01/02/2015 11:30 - 13:30
Regulamento
VII Carreira San Brais 2015, Pontevedra (CCCP)
Circuíto de Carreiras de Pontevedra

Data: domingo, 1 de febreiro de 2015.
Hora e distancia:
Chupete / 11.30 / 100 m.
Pitufo/a e Benxamín / 11.35 / 450 m
Alevín e Infantil / 11.45 / 900 m.
Cadete e Xuvenil / 11.55 / 1.500 m.
Promesa, Senior e Veteranos/as / 12.30 / 6.000 m.
Lugar: Salcedo, Pontevedra.
Organiza: Asociación de Veciños Salcedo Norte e o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
Inscrición: ata o 28 de xaneiro en Championchip Norte
Web: https://www.facebook.com/CircuitoDeCarreirasDePontevedra



:: Comenta a Popular de San Brais neste tema do foro ::

:: Comenta o Circuíto de Carreiras de Pontevedra neste tema do foro ::




INTEGRADA NO CIRCUITO DE CARREIRAS DE PONTEVEDRA 2015

PREVIO Á CARREIRA

1. DATA: A Asociación de Veciños Salcedo Norte, o Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, organizan o domingo 01 de febreiro de 2015 a partir das 12,30 horas, a “VII Carreira Pedestre San Brais 2015”.

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

CATEGORÍAS MENORES (MASCULINA + FEMININA)
Chupete de 00 a 04 / 2015 – 2011
Pitufo/a de 05 a 07 / 2010 – 2008
Benxamín de 08 a 09 / 2007 – 2006
Alevín de 10 a 11 / 2005 – 2004
Infantil de 12 a 13 / 2003 – 2002
Cadete de 14 a 15 / 2001 – 2000
Xuvenil de 16 a 17 / 1999 – 1998

CCCP 2015
Promesas de 18 a 22 anos
Senior de 23 a 34 anos
Veteranos/as 1 de 35 a 39 anos
Veteranos/as 2 de 40 a 44 anos
Veteranos/as 3 de 45 a 49 anos
Veteranos/as 4 de 50 a 54 anos
Veteranos/as 5 de 55 a 59 anos
Veteranos/as 6 de 60 a 64 anos
Veteranos/as 7 de 65 en diante

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito ao Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de San Brais así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS E ENTREGA DE DORSAIS.
Todas as categorías, agas as de menores, faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 28 de xaneiro, cun pago de 5 €. Para as categorías de menores a inscripción será de balde e presencial o día da proba, entre as 9,00 e as 11,00 h na carpa xunto á saída. Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, agás as de menores.

Para todas as persoas que estén inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2015, a inscrición será de balde. As inscripcións no CCCP, tamén, faranse en www.championchipnorte.com.


Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba, agás as de menores.

No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Seniors e Veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip). A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inexcusablemente ao recoller o seu dorsal); En caso de non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

5. COMO CHEGAR EN COCHE E ESTACIONAR. A prioridade é achegarse a pé ou en bicicleta; de non ser así, saír de Pontevedra pola Avda. de Eduardo Blanco Amor (EP0012) dirección á BRILAT ou centro comercial Carrefour ou ao Lago Castiñeiro, ao atopar o Carrefour xirar á esquerda a avanzar ata a primeira rotonda e alí estacionaremos no andar superior do propio centro comercial Carrefour (antes das 12.00 e non se poderá mover o coche ata as 13.00 horas).

6. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico/a para a atención.

7. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.
Categoría / Hora de saída / Distancia
Chupete / 11.30 / 100 m.
Pitufo/a e Benxamín / 11.35 / 450 m
Alevín e Infantil / 11.45 / 900 m.
Cadete e Xuvenil / 11.55 / 1.500 m.
Promesa, Senior e Veteranos/as / 12.30 / 6.000 m.

8. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou persoal de organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

9. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

10. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

11. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,... así como duchas no Instituto E.S. Torrente Ballester dende as 13 ata as 14.30 horas.

12. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:

Absoluta
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.

Masculina 1º Trofeo, 2º Trofeo e 3º Trofeo
Feminina 1º Trofeo, 2º Trofeo e 3º Trofeo
Categoría especial O.N.C.E., Unisex, 1º Trofeo, 2º Trofeo e 3º Trofeo

Para o gañador absoluto masculino e a gañadora absoluta feminina o Restaurante Casa Román fai entrega dun premio especial consistente nunha cea para dúas persoas a cada gañador.

Categorías
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Masculina Promesa, Senior e Veteráns 1º Trofeo, 2º Trofeo e 3º Trofeo
Feminina Promesa, Senior e Veteráns 1º Trofeo, 2º Trofeo e 3º Trofeo

Menores
Na categoría Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, que recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira.

Especial
Entregarase o “Trofeo Julian Bernal” ao corredor e á corredora máis veterano/a en tomar parte nesta edición.

13. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material.

14. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá unha chocolatada e un sorteo de lacóns entre as persoas participantes nas categorías Senior e Veteranos, así como un chiringuito cuberto con polvo, churrasco, empanada,… para deportistas e outras persoas persoas, a prezos módicos.

15. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información a través da Asociación de Veciños Salcedo Norte ou no correo-e avsalcedon@yahoo.es ou en https://www.facebook.com/CircuitoDeCarreirasDePontevedra



:: Comenta a Popular de San Brais neste tema do foro ::

:: Comenta o Circuíto de Carreiras de Pontevedra neste tema do foro ::