Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia

01/03/2015 10:30 - 12:30
Regulamento
Carreira Popular Concello de Xinzo de Limia

Data: domingo, 1 de marzo de 2015.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
Distancia: de 150 ata 10.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes de Xinzo de Limia.
Inscrición: ata o xoves 26 de febreiro en Championchip Norte
Web: Limiactiva (máis información e planos do percorrido).




:: Comenta a Carreira de Xinzo neste tema do foro ::


A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa Asociación Deportiva Limiactiva organiza a Carreira Popular Concello de Xinzo de Limia.


A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2015 está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebraranse o domingo día 1 de marzo de 2015.

REGULAMENTO:

A saída será:
Ás 10:30 H para a carreira Infanil-Cadete (2.500 m)
Ás 10:55 H para a carreira Benxamín-Alevín (1.500 m)
Ás 11:15 H para a carreira Absoluta (10.000 m.)
Ás 12:30 H para a carreira Prebenxamín (350 m)
Ás 12:40 H para a carreira Pitufos (150 m)

A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
A clasificación será absoluta e por categorías.
A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.
O control de chegada pechará 50 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
A carreira conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:

Recibiránse inscricións a partir do 13 de febreiro.

As incricións para as carreirasINFANTIL-CADETE, BENXAMÍN-ALEVÍN, PREBENXAMÍN E PITUFOS, (categorías A, B, C, D, E, F, G, H, R, S, T), serán gratuitas efaranse polos seguintes medios, ata as 23:59 H do día 26 de febreiro.

Na web: www.championchipnorte.com (enchendo o formulario de inscrición)
Na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.

As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q) faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 H do día 26 de febreiro.

Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 5,00 € en concepto de cuota de inscrición.

Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 1,00 €, en concepto de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.

Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar a inscrición.

Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.

Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o alquiler do chip.

A inscrición será gratuita para os atletas empadroados en Xinzo de Limia, que realicen a inscrición presencial no Pavillón de Deportes.


IMPORTANTE:
Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.

Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia e si se posúe licencia federativa de atletismo.

A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 26 DE FEBREIRO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.


O corredor que non entregue o seu chip, non entrará na clasificación e non recibirá ningún premio nin trofeo.

Por cada chip extraviado abonaranse 10,00 € á organización.

:: Comenta a Carreira de Xinzo neste tema do foro ::


:: Comenta a Carreira de Xinzo neste tema do foro ::