Calendario
Info da proba

Rábade

24/01/2015 16:30 - 18:30
Regulamento
XII Memorial Eduardo Fernández Villamarín, Rábade

Data: sábado, 24 de xaneiro de 2015.
Hora: 16:30 h.
Lugar: Rábade, Lugo.
Distancia: ata 7.000 m.
Organiza: Concello de Rábade.
Inscrición: do 2 ao 22 de xaneiro en Championchip Norte.
Web: Concello de Rábade



:: Comenta a Carreira de Rábade no foro ::

EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN

Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.

Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.

En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.

En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo “José Antonio Elola” na vila de Rábade.

En 1959. O “ I Campionato de España de Segunda Categoría” celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.

No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.

Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos 10.000 metros lisos.

Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.

REGULAMENTO

Art. 1.- A saída na Praza de España ás 16:30 h para os rapaces e as 17:00 h para a categoría absoluta e a chegada situarase na mesma praza.

A recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30 h a 16:50 h.

Art. 2.- O percorrido será de 7 Quilómetros e descorrerá dando dúas voltas a través das seguintes rúas: Praza de España, Alcalde Ángel Penas, Lope de Vega, Jesús Arias, Santa Mería, Gabriela Nieto, Dr. Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.

Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.

Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.

Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.

Art. 6.- As inscricións da categoría de rapaces formalizaranse a partir do 2 de xaneiro , de 10 a 14 horas no Concello, teléfono: 982 390 062, fax: 982 390 411 ou en asociocultural@rabade.org. Peche de inscricións xoves 22 de xaneiro ás 14:00 h.
As inscricións para a categoría adulta realizaranse a partir do 2 de xaneiro e ata o xoves 22 de xaneiro na páxina web: www.championchipnorte.com.

Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utiliza-lo seu.

Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:
CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2010 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: 2007-2010 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: 2003-2006(Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C:1999- 2002 ( Terceira carreira). 1.800 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1980/ 1998 D) Nadas entre 1980/ 1998
E) Nados entre 1970/ 1979 E) Nadas entre 1970/ 1979
F) Nados no 1969 e anteriores F) Nadas no 1969 e anteriores

Art. 9.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1....................................350 € 1 ...................................... 350 €
2....................................250 € 2 ...................................... 250 €
3....................................150 € 3 ...................................... 150 €


CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes

Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións

Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.

Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.

Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.


:: Comenta a Carreira de Rábade no foro ::