Calendario
Info da proba

Chantada

18/04/2015 17:00
Regulamento
VI CARREIRA POPULAR DE CHANTADA
8KM no Corazón





DATA: Sábado dia 18 de abril de 2015

HORARIO: Menores 17:00h
Adultos: 18:15h

Organiza:
Clube Deportivo Atletismo Chantada
Concello de Chantada
Championchipnorte

REGULAMETO

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.

Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que deben utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento

En caso de cancelación do evento por causas alleas a organizción, non se devolverá o importe da inscrición.

O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento





CARREIRA ABSOLUTA

Categorías:

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femeninas:

Xuvenil…………….. 1998 e 1999
Junior………………. 1996 e 1997
Promesa…………….1993,1994 e 1995
Senior………………..1981 ata 1992
Veteráns/as A ………35 a 44 anos
Veteráns/as B ………45 a 54 anos
Veteráns/as C ………55 anos e posteriores

INSCRICIÓNS

A través da Web www.8nocorazon.com e www.championchipnorte.com a partir do 15 de marzo de 2015

Custo da inscrición na carreira absoluta: 5€ de dereitos de inscrición máis 2€ de aluguer de chip para non propietarios de chip amarelo Championchip.


Peche de inscricións o xoves 16 de abril ás 20:00h

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse on-line serán obrigatorios os seguintes datos:

- DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (no caso de telo)
- Localidade
- Teléfono móbil
- Se é atleta nado/a en Galicia
- Se é atleta empadroado/a en Chantada

A organización reservase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.







ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (26 de abril) na Prz. do Mercado de 12:00 a 16:30h.

PREMIOS

1º/1ª Clasificad@ ………..Trofeo e agasallo
2º/2ª Clasificad@ ………..Trofeo e agasallo
3º/3ª Clasificad@ ………..Trofeo e agasallo

1º/1ª, 2º/2ª e 3º/3ª clasificados das categorías da carreira absoluta

Xuvenil
Junior
Promesa
Senior
Veteráns/as A
Veteráns/as B
Veteráns/as C

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA

1º/1ª Clasificad@ local…………………… Trofeo e agasallo
2º/2ª Clasificad@ local…………………… Trofeo e agasallo
3º/3ª Clasificad@ local…………………… Trofeo e agasallo
Considerarase como local o atleta empadroado en Chantada.

Trofeo especial para o corredor ou corredora de mais idade.

Os premios non son acumulables.

Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

-Aparcadoiros: zona de aparcadoiro señalizadas na rúa Taboada.
-Duchas: Estarán a disposición d@s atletas nas instalacións las piscinas muicipales, ademáis todos os atletas que rematen a proba poderán facer uso da piscina climatizada e da sauna

Proba puntuable para o circuito correrengalicia



INFORMACIÓN E RESULTADOS

Na páxina da proba: www.8nocorazon.com - www.championchipnorte.com
e www.correrengalicia.org
CARREIRAS MENORES

Todas as carreiras de menores son participativas e non se tomarán tempos.


INSCRICIÓNS

A través da Web www.8nocorazon.com e www.championchipnorte.com (gratuita)

Inscricións presenciais a partir do 16 de marzo na Concellería de deportes do Concello de Chantada.
Peche de inscricións o xoves 16 de abril ás 20:00h

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse tanto por correo electrónico como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:

- DNI con letra se ten
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade

A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDOS:
Chupete e Pitufos: 17:00h …..(nados entre 2008 e 2012)..…... 100m. aprox.
Benxamín e Alevín 17:10h (nados entre o 2004 e 2007)……... 500m. aprox.
Infantil e Cadete 17:20h:…(nados entre 2000 e 2003)…......... 2500m. aprox.

ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (18 de abril) na Praza do Mercado de 12:00 a 16:30.


PREMIOS
Tod@s @s nen@s que participen nas carreiras menores recibiran unha medalla conmemorativa e avituallamento ao remate de cada proba.

Trofeo especial para o corredor ou corredora de menor idade que se dará a coñecer ao principio da entrega de premios da carreira absoluta.